A Rede Museística no XI Congreso da AIEG (Asociación Internacional de Estudios Galegos) que se celebra en Bos Aires
http://es.slideshare.net/redemuseisticalugo/pasaporte-rede-46712406
A Rede Museística no XI Congreso da AIEG (Asociación Internacional de Estudios Galegos) que se celebra en Bos Aires
A realización do XI Congreso da AIEG na cidade de Bos Aires, os días 6, 7 e 8 de abril de 2015, construirá un ámbito privilexiado no que se poderán visibilizar novos traballos desenvolvidos nas universidades, coma tamén os que xorden no seo da propia colectividade, que quere volver a participar da reflexión e do debate dos grandes temas que interesan ao presente e ao futuro da Galiza.
A Área de Cultura da Deputación de Lugo presentará mañá martes, ás 11:30 horas (hora oficial en Arxentina) a través de skype o proxecto:
CULTURAS EN DIÁLOGO: LUGO-ARXENTINA
Lugar : sala 302, 3º andar
a) Museoloxía social, diálogo intercultural: Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina | Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e Ana Bereciartúa da Asociación Rioplatenses
b)PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: “Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina”, de Xosé Reigosa e Pilar Sánchez. Proxecto da Rede Museística, as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, en colaboración co Museo Nacional da inmigración de Bos Aires e o Museo da Emigración Galega en Arxentina (MEGA).