O Gyotaku
é unha técnica de gravado de orixe xaponés que consistía en cubrir un peixe con
tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a súa imaxe quedase
estampada nel. Por iso, “gyo” significa peixe e “taku” frotar. Esta forma de
estampación nace no Xapón do s. XVIII. Os pescadores utilizábano para levar un
rexistro das súas capturas. Co tempo, este método converteuse nunha práctica
artística. Así que aínda que non vaiamos de pesca, vamos capturar peixes no
papel, animádesvos?
Data e
hora: 20 decembro, de 12:00 a 13:30 h
Idade:
4-12 anos