A exposición ‘Entre o sono e os soños’ despídese con música e visitas guiadas
Este sábado, 31 de xaneiro de 2015, para clausurar a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística” van ter lugar na propia Sala de Exposicións do MPLugo os seguintes actos:

Visitas guiadas
A partir das 11:00 h., a guía Ángeles Miguélez e a xerente da Rede, Encarna Lago, realizarán visitas guiadas para un grupo conformado por 100 persoas composto por pais, nais e alumnado da ANPA do CEIP Luis Pimentel de Lugo. Haberá unha segunda quenda ás 12:00 h.

Concerto
E ás 13:00 h. na Sala de Exposicións do MPLugo, con entrada libre, concerto de OH TRÍO composto por Germán Díaz (zanfona, caixa de música, serra musical), Antonio Bravo (guitarra) e Diego Martín (batería, bendhir). Unha oportunidade inaprazable para escoitar pezas do novo disco do grupo que leva por título “Cancionero Gallego”, unha recreación de melodías populares do “Cancioneiro Gallego” de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay.
+ info sobre a exposición “Entre os sono e os soños. Soñar para crear na Rede MuseísticA