Visitas guiadas á exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística”
Durante os próximos días 5, 6 e 7 de decembro o MPlugo ofrece aos seus visitantes de calquera idade a posibilidade de visitar a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística” co acompañamento da guía Ángeles Miguélez. Unha oportunidade para “sentir” os obxectos e para “entender” desde o onírico o discurso expositivo desta mostra, para “vela” dunha maneira diferente á convencional. Non é necesaria a inscrición previa.
As visitas guiadas comezan mañá, venres, 5 de novembro “Día do Voluntariado” co seguinte horario e calendario:
Venres, 5 de decembro: 11.30, 13.00 e 19:00 h.
Sábado, 6 de decembro: 11.30 e 13:00 h.
Domingo, 7 de decembro: 11.30 e 13:00 h.