Ir al contenido principal

UN PRACER FORMAR PARTE DO XURADO DO II PREMIO GALICIA DE FOTOGRAFÍA CONTEMPORÁNEA

II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. 2014
O Premio Galicia de Fotografía
Contemporánea mostra os traballos
gañadores desta edición.
Os proxectos fotográficos de Berto Macei e Jose Romay poderán verse no
Museo Provincial de Lugo, logo de ser seleccionados no certame lanzado polo
festival Outono Fotográfico e patrocinado pola Deputación de Lugo e a Xunta
de Galicia.
Hoxe, 28 de novembro, inauguraranse ás 19:00 horas as exposicións “Le cirque noir” de Berto
Macei e “Rururbania Salnés” de Jose Romay, nomeados ex aequo Premio Galicia de Fotografía
Contemporánea neste 2014.
O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é lanzado polo festival internacional Outono
Fotográfico e ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que
suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de
límites ao pensamento.
Alén diso, pretende promover a creación dun espazo fotográfico no noso País que complemente o
creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas
de carácter visual-fotográficas, sen límite en canto á técnica ou á estética, por parte de autores/as
tanto nacionais como estranxeiros.
O Premio está dotado con 16.000 euros, o que fai que sexa o premio fotográfico mellor dotado da
península. Asemade, o premio vai máis alá de agasallar cun montante económico a un autor/a,
senón que está pensado para crear un produto cultural que valore o proxecto, que publicite a
autoría e que revalorice a creación artística galega. Polo que se concede un único premio
consistente na produción dunha exposición que itinera durante cinco anos e na publicación dun
libro.
O xurado estivo composto por Manuel Segade, curador independente; Juan Curto, galerista
especializado en fotografía de Cámara Oscura de Madrid; Vari Caramés, fotógrafo; Xosé Lois
Vázquez, Director do Outono Fotográfico; Vítor Nieves, Coordinador da Sección Oficial do Outono
Fotográfico e do Premio, Encarna Lago, Xerente da Rede Museística de Lugo e Mercedes Gallego,
Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación universitaria en Ourense.Os traballos que acadaron o beneplácito do xurado, son dous proxectos moi diferentes:
“Le cirque noir” de Berto Macei é un traballo que colle como excusa o documentalismo
fotográfico para distanciarse del cara unha linguaxe máis cinematográfica propia do film noir máis
clásico. As fotografías, nun contrastado negro e branco van debullando un circo nas escenas máis
cotiás e, malia iso, íntimas destacando aqueles tópicos do cinema negro que pasan polos puntos
de vista aberrantes, e até polas personaxes propias desas películas.
Jose Romay presenta en “Rururbania Salnés” un territorio hostil onde os límites entre o rural e o
urbano foron desleándose achegando o humanizado e o salvaxe, e mesturando o industrial co
habitábel. Cunha linguaxe de documentalismo fotográfico clásico que nos lembra aos New
Topografics, retrata un litoral galego cunha californiana luz vacacional que contrasta irónicamente
co desfeitismo paisaxístico-territorial que non estamos afeitos a ver na zona máis turística do noso
País.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati