Free counter and web stats

lunes, 1 de diciembre de 2014

O nº 12 da revista oral A VOZ DOS CARRAOS leva ao Museo Provincial do Mar historias doutros mares

E
O nº 12 da revista oral A VOZ DOS CARRAOS leva ao Museo Provincial do Mar historias doutros mares
o  sábado, 29 de novembro a partir das 18:30 h. vaise desenvolver no Museo P. do Mar de San Cibrao, en Cervo, o nº 12 da revista oral “A voz dos carraos” baixo o título “Historias do mar de fóra”
Neste número, coordinado por Antonio Reigosa, van intervir  Ramón Barcia Abad, “Monchito da costera”, xubilado da confraría de pescadores de Burela, Santiago Rivera Lestegás, Emilio Fernández López, “Milucho”, Francisco Gomes Semedo e Balbino García Trelles, mariñeiros xubilados. Xunto á voz da experiencia estarán o poeta Xacobo Casal, a historiadora e mestra Herminia Pernas, o escritor e investigador Hixinio Puentes, e o músico e escritor Xurxo Souto.
Historia e contos, música e memoria, vivencias e aventuras narradas polos seus protagonistas ou por creadores que se inspiran no “mar de fóra” desde terra firme.