NADAL 2014 na REDE MUSEÍSTICA___________Cando un novo Nadal peta á porta concédese licenza xeral para fantasiar. Temos dereito, e necesidade, de concedernos uns días liberados de rutinas e de obrigas supostamente ineludibles. Unha oportunidade para facer balance e reconducir, se for preciso, o rumbo das nosas vidas. E puntualmente, como cada ano, os museos da Rede Museística da Deputación de Lugoachegámosche un programa de obradoiros e actividades tentando contribuír, na medida das nosas posibilidades, ao teu lecer creativo. Ademais, neste remate do ano 2014 temos á túa disposición a exposición “Entre o sono e os soños. Soñar para crear na Rede Museística”, un proxecto comunal dos catro museos que integramos a Rede para lembrar que os soños son a materia prima da creatividade.
Que o ano 2015 nos acolla coa mellor disposición, e que sexa unha oportunidade para que ese soño que pende da túa ilusión, prenda en ti. Este é, por enriba de calquera outro, o desexo que queremos compartir desde aos museos da Rede e desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.
PROGRAMA DOS MUSEOS DA REDE
»» MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
»» MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
»» MUSEO PROVINCIAL DO MAR
»» MUSEO PAZO DE TOR
As inscricións para estes obradoiros pode realizarse desde o 16 ao 19 de decembro, no departamento de Didáctica do Museo onde se desexes realizar a actividade.