Ir al contenido principal

Día Internacional da Discapacidade na Rede Museística de Lugo

Día 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade no MPLugo
O departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística da Deputación de Lugo organiza un programa de actividades para a tarde do día 3 de decembro de 2014 con motivo do “Día Internacional das Persoas con Discapacidade”. Nesta ocasión, ademais da inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, son os clubs activos nos catro museos da Rede, Pequeamig@s, Ei! e Sénior, os que se mobilizan para achegarse ao MPLugo e participar no obradoiro “Museos Comunitarios” que se vai desenolver segundo o programa seguinte:
Programa
De 16,30 h. a 19:30 h.- Obradoiro: Museos Comunitarios, a cargo de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, e Ángeles Miguélez, do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes da Rede Museística.
Lugar: Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. No marco da exposición “Entre o sono e o soños. Crear para soñar na Rede Museística.”
16:30 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas que se achegan desde o Museo Pazo de Tor.
18:00 h.-Saúdo de Mario Outeiro, deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que fará entrega, xunto con Encarna Lago, dunha reprodución do fito fundacional da cidade de Lugo a todos os integrantes do tecido asociativo da provincia de Lugo vinculado á discapacidade, así como tamén aos membros dos clubs da Rede Museística.
18:10 h.-Manifesto, exposición a cargo de Ángeles Miguélez, do departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes.
18:15 h.- Desenvolvemento do obradoiro “Museos Comunitarios” coas persoas que se achegan desde o Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial de Lugo.
19:00 h.- Inauguración da exposición “IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade”, na Sala Multiusos do MPLugo.
Esta exposición, que vai permanecer aberta ao público ata o día 10 de decembro de 2014, tamén amosa as obras premiadas no III Premio de Artes Plásticas realizadas por Persoas con Discapacidade convocado pola Fundación Anade.
Premios: IX Premio de Fotografía sobre Discapacidade Fundación Anade
1º Premio: Asociación APAM (Madrid)
2º Premio: Á serie presentada pola Fundación Discal (Arxentina)
3º Premio: Á serie presentada polo Taller de Fotografía ASAPME (Huesca)
Formaron o xurado Ángeles Mayra, Peter Schneider, Germán Limeres, María Quiroga e Aurelia Balseiro.

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati