Última proxección de Cinema á fresca: Edificio España
Este xoves, 4 de setembro, ás 22:00 horas, última proxección do ciclo no claustro do MPLugo, unha longametraxe documental sobre o emblemático Edificio España, de Madrid.
Edificio España
Victor Moreno / 2012
Sinopse
"En 2007 iníciase un proxecto de reforma integral do Edificio España, un emblemático inmoble de Madrid que en tempos do franquismo foi símbolo de prosperidade. Nas obras participan máis de douscentos traballadores de diversas nacionalidades, xerando un insólito anecdotario e incorporando as súas vivencias á propia memoria do lugar. Unha inmensa Torre de Babel sobre a que quedarán impresas as pegadas da nosa época.
Comentarios
Publicar un comentario