Ir al contenido principal

Participarei en (Des)memorias graz Paula Noya e Susana Blas

03/09/2014
PRÓXIMA EXPOSICIÓN: IDENTIDADES E LATEXOS (UNHA EXPSICIÓN DE PAULA NOYA)

Inauguración: xoves, 11 de setembro, ás 20:00 horas (Convite)

EXPOSICIÓN: IDENTIDADES E LATEXOS (UNHA EXPSICIÓN DE PAULA NOYA)
(do 11 de setembro ao 12 de outubro de 2014)
Refectorio do MPLugo

_____Horario de visitas
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

Unha noite que podería durar para sempre 

One, two, three…If you close the door, the night could last forever 
Keep the sunshine out and say hello to never 
All the people are dancing and they’re havin such fun 
I wish it could happen to me 
but if you close the door, I’d never have to see the day again
” 
Lou Reed, After Hours, 1969 

“Se cerras a porta, a noite podería durar para sempre”, canta a melancólica canción de Lou Reed coa que abrimos este texto. Non deixemos pasar a luz á habitación. Sigamos bailando na escuridade mentres a rúa se empeña no seu frenético ritmo. Non é só evasión o que buscamos, tamén introspección, mirar desde os ollos do espírito. 
En Identidades e Latexos Paula Noya proponnos unha viaxe ás “súas identidades” sen cerrar un percorrido. Un camiño construído a base de intuicións e reflexións, no que os impulsos contan tanto como o razoamento. Paula escava na súa memoria sen desvelar, mantendo a distancia incómoda que caracteriza a súa obra e que tanto me interesa. Todo está aí sen impor nada: as paisaxes do corpo, os fitos biográficos abruptos, a escravitude das convencións sociais, o pudor do pensamento, o seu compromiso feminista, a xeografía dos seus soños…, pero nun acto de sutil xenerosidade preséntao modesto e espido para que sexamos nós os que xuntemos as pezas do puzle e o levemos a nós. 
A exposición comeza con Retrato da miña avoa Inés (1985), realizado cando a artista tiña 15 anos, unha das primeiras obras que asinou co apelido da súa avoa “Noya” e que supón toda unha declaración de intencións, pois na súa obra a homenaxe ás mulleres que a impulsan cada día é unha constante silenciosa. Ese cadro/homenaxe a unha muller, que desde o anonimato familiar nos axuda, terá o seu broche no último proxecto da mostra,(Des)Memorias (2013-2014), un documental no que Paula leva traballando os últimos anos. O vídeo, en proceso, recolle os testemuños que comparten distintas traballadoras culturais sobre os seus referentes femininos e avoga pola necesidade de crear novas xenealoxías que recuperen o legado das mulleres. Con motivo desta mostra en Lugo, tamén se convocarán as mulleres interesadas para que nos conten cales foron as avoas, mais, profesoras, veciñas ou amigas que influíron na súa vocación e que, en moitos casos, permanecen anónimas. 
O persoal tórnase comunitario e político en O vestido de noiva(2009). Sobre recortes do traxe nupcial da súa propia mai, Paula borda frases e refráns que educaron o imaxinario feminino da nosa infancia e adolescencia e que moldean as mulleres xeración tras xeración. Sen tomar partido, a artista deixa que o espectador reflexione e que valore estas consignas. 
Igual distancia crítica se marca en vídeos como As Parcas (2010), onde o novelo de la percorre as estancias dunha vida feminina construída e programada en estadios: a parella, a maternidade a soidade.
Agudas construcións de Paula Noya sobre os afectos que tamén se recollen en Latexos (2010) e A ausencia imposible (2008), dúas obras nas que a autora declara a fraxilidade da vontade no feito amoroso propoñendo, máis alá dos tópicos do amor romántico, un sentir en liberdade aínda que traia consigo a soidade ou o sufrimento. 
Entrando directamente nos temas de xénero, o tríptico que contén os vídeos Penélope IIBon apetit e Como una rosa (2009) aborda o feminino desde distintas perspectivas críticas, como son o corpo da muller cosificado e medicalizado e a entrega cega e incondicional á parella, desde a espera e a resignación. 
Outro punto central da mostra é a serie de debuxos e vídeoCegueiras (2011-2013). Diciamos que as súas obras invitan a vendarnos os ollos e adoptar unha cegueira elixida. Observar o noso interior. Revisar desde a distancia os anhelos ocultos. Seguindo un proceso similar ao da meditación esencial, observariamos sen xulgar os elementos que entran e saen da nosa mente desde a mirada atenta e en calma. Así deberemos afrontar esta mostra coma quen recolle anacos dunha ánfora rota de barro biográfico, social ou onírico, que non hai necesidade de reconstruír dunha soa maneira. 
E esa necesidade de illamento e de entrega ao recollemento é a base da serie de colaxes Santa Teresa e as Metamor¬foses (2014), unha homenaxe á escritora Teresa de Ávila, ao seu universo de visións e de percepcións místicas que, de novo, alude á necesidade de construír unha identidade inte¬rior propia que dea fortaleza e crecemento á exterior. 

Si cerras a porta, 
a noite podería durar eternamente, 
Deixa fóra a luz do sol 
e saúda a nada
” 
Lou ReedAfter Hours, 1969

[Susana Blas, comisaria da exposición]


Enlaces de interese:
Convite inauguración



< voltar


Entradas populares de este blog

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati

LINGUA KIT FERRAMENTAS DE TRADUCCIÓN E ANÁLISIS LINGüISTICA

https://linguakit.com/es/analisis-completo Análisis completo Todos los análisis lingüísticos en un solo lugar. El análisis completo informa del número de palabras y frases del texto, y de su tipología. Ofrece un resumen y su valoración. Además, te facilita las cinco palabras y multipalabras más relevantes del texto, las entidades más importantes que allí se mencionan, las palabras más frecuentes y el contexto en el que aparece la palabra clave escogida.

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe