Dentro do programa de ESTUDIO ABERTO 3, proxecto de Residencias Artísticas da Rede Museística da Deputación de Lugo, mañá martes, día 5, vanse desenvolver as seguintes actividades:
Ás 10:00 horas, visita á Fundación María José Jove, onde os artistas seleccionados, acompañados de Encarna Lago e Paula Cabaleiro, coordinadoras deste proxecto, manterán unha charla coa súa directora, Marta García Fajardo. A continuación realizarán unha visita ao Museo de Arte Contemporánea da man da súa conservadora Eva Prado.
Completa esta xornada a visita, ás 13:00 horas, á Fundación Luis Seoane, cunha entrevista co director da mesma David Barro.

Comentarios
Publicar un comentario