Ir al contenido principal

Rede Museística Provincial organiza a terceira edición da residencia artística Estudio Aberto

A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación, organiza, por terceiro ano consecutivo, a residencia artística “Estudio Aberto”, unha iniciativa que se organiza dentro do proxecto Enredarte e que enmarca conceptos como a experiencia, a visibilidade e o compendio crear-compartir-participar; e que se desenvolverá na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos dende hoxe, día 1, ata o 7 de agosto. A exposición cos traballos resultantes inaugurarase o 8 de agosto, ás 20.00 HORAS.

Así, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, vén de recibir, xunto coa xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago; a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro; e a coordinadora do proxecto, Paula Cabaleiro; aos oito artistas, chegados dende distintas partes do mundo, que participarán na terceira edición de Estudio Aberto, que se completará cun programa de actividades con conferencias, saídas e obradoiros varios.

PARA acadar un proceso enriquecedor, tanto para artistas como para público, fíxose unha selección de artistas totalmente heteroxénea en canto a idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo, de maneira que vídeo, pintura, instalación, escultura, performance, debuxo, deseño e fotografía compartirán espazo, xerando sinerxias e colaboración.

Así, formarán PARTE desta edición de Estudio Aberto: Ana Arregui (1983, Sevilla), Rubén Pérez Pombo (1985, Lugo), Anna Katarina (1976, Estocolmo-Suecia), Adriana Pazos (1971, Montevideo-Uruguay), Félix Carpio (1983, Gijón-Asturias), Basilisa Fiestras (1985, Pontevedra), Marcela Mastroianni (1985, Bos Aires-Arxentina), e María Xosé Domínguez (1967, Santiago de Compostela). Grazas á posta en marcha deste proxecto, os oito artistas seleccionados rigorosamente por un xurado de profesionais da arte, convivirán nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto.

Neste sentido, Mario Outeiro precisou que “os visitantes atoparán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos, un espazo vivo, dinámico, en constante cambio, contedor de experiencias compartidas, que tomarán o público COMOaxente activo das obras. Todo un proceso que culminará na montaxe dunha exposición colectiva coas obras resultantes”.
“A área de Cultura da Deputación ofrece así unha plataforma artística PARA creadores de distinto carácter e de diversas disciplinas. En definitiva, un estudio aberto tanto para a sociedade como para outros artistas, así como críticos, comisarios e expertos neste eido”, concluíu o delegado.

Presentación de Estudio Aberto 3

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati