Free counter and web stats

miércoles, 20 de agosto de 2014

"O saqueo do naufraxio do Douro. Un expolio na Costa da Morte”.

E
Non vos podedes perder a charla que dará Yago Abilleira este xoves 21 de agosto ás 19:30, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, baixo o título "O saqueo do naufraxio do Douro. Un expolio na Costa da Morte”.
No ano 1882 o vapor "RMS Douro" afundíuse na Costa da Morte cun importante cargamento de ouro. Na década dos 90, uns cazatesouros chegaron a Galiza coas máis modernas tecnoloxías, dispostos a valeirar o naufraxio. Grabárono todo nun documental "O ouro dos abismos" que será proxectado no Museo, posteriormente, haberá un coloquio co público.
Yago Abilleira Crespo (Pontevedra, 1982), é veciño de Lugo. Aínda que Contable de profesión, é un gran aficionado á Historia Naval e ó submarinismo. Como
mergullador, colaborou en varias campañas de Arqueoloxía Submarina (Ribadeo, Burela, Xove, Viveiro, Finisterre,...). Autor do libro "Los galeones de Vigo" e de varios artigos sobre naufraxios e o seu mergullo. É membro da Real Liga Naval Española, institución que o condecorou coa Medalla ó Mérito Cultural.