Ir al contenido principal

Museo Provincial do Mar un Museo da Rede Museistica UN MUSEO DE TOD@S PARA TOD@S



 

Na Idade Media alabábase á Virxe como “Estrela do Mar”, xa que os mariñeiros dependían das estrelas para marcar o seu rumbo no inmenso  océano, e de aquí a  analoxía coa Virxe María quen, como estrela do mar, guíanos polas augas difíciles da vida cara a porto seguro.

Nós,  seguindo as analoxías, precisamos dela e de todos vós para  que axudedes a marcar o rumbo e seguir cara bo porto a esta institución vosa e ao voso servizo. 

Hai unha fermosa palabra no noso idioma que é ronsel. O ronsel é o rastro de escuma que deixan sobre as augas as embarcacións cando navegan. Esta palabra foi adquirindo outras connotacións: ronsel, en senso figurado, pódese usar no noso idioma como sinónimo de pegada, rastro, vestixio.

   O lema ronsel de futuro sérvenos para definir a idea que temos sobre o papel que o Museo do Mar debe cumprir no seo da sociedade que contribuíu a crealo e que o sostén. Por un lado, temos a obriga de garantir a conservación e a exposición dos vestixios do pasado que aquí se foron reunindo co traballo, o esforzo e a contribución de varias xeracións de veciños. Por outro lado, se queremos ser unha institución asentada no presente e cunha idea de futuro, non podemos descoidar a nosa proxección social; temos que ter en conta sobre todo o noso traballo de cara a sociedade. Temos que devolver á sociedade o legado que a mesma sociedade nos transmitiu e poñelo nun lugar visible. Para representar o pasado e ao mesmo tempo ter unha visión de futuro, debemos se capaces de abrir as portas do Museo e facer del un lugar de participación que reflicta as inquedanzas do conxunto da sociedade, que ofreza alternativas culturais e que, ao  tempo, sexa quen de recoller as propostas dos sectores culturais máis dinámicos.

Se queremos manter un Museo para a xente temos que asentarmos nos piares do pasado, no noso rico patrimonio histórico e artístico, na nosa historia, nas nosas propostas de futuro. Se queremos ser unha institución viva, debemos seguir poñendo en valor que este é un museo para as persoas, debemos coidar o lado humano do museo para que este non se converta nun mausoleo, nun conxunto de pezas inertes. Esa foi a nosa filosofía e a nosa liña de traballo no novo proxecto museolóxico e museográfico  que levamos adiante  no Museo en datas recentes.

 

O MUSEO DO MAR É A DÍA DE HOXE O MUSEO MÁIS ACCESIBLE DE GALICIA

A Rede Museística Provincial de Lugo leva máis de 10 anos loitando por facer accesibles os seus museos ao público discapacitado. O noso obxectivo é retirar o adxectivo excepcional na aplicación da accesibilidade, e facer dela un factor común a ter en conta na planificación de calquera acción social e cultural.

A cultura é unha experiencia interactiva e nós facemos cultura; o museo e un instrumento de mediación que ten a responsabilidade de comunicar, de establecer un diálogo co público. Así pois, no novo proxecto deseñado para o Museo Provincial do Mar de San Cibrao  seguimos esta filosofía, converténdoo nun modelo de museo aberto a todos os sentidos, inclusivo, con atención plena á diversidade, capaz de achegar a súa mensaxe e facer partícipe da súa actividade a todos os seus visitantes.

O proxecto incluíu medidas para eliminar barreiras de comunicación entre o museo e persoas con calquera tipo de discapacidade visual, sensorial, intelectual ou con calquera tipo de enfermidade mental (diminuídos psíquicos, síndrome de Down, autismo, Alzheimer, etc.).

Para o novo proxecto contamos co asesoramento de persoas e asociacións vencelladas coa discapacidade, mais tamén coa  implicación dos veciños; quero agradecer especialmente a todos os nenos que formaron parte da nova sinalización e  a Ramón Rivas, xunto coa miña compañeira Amelia Pernas e Xose Anxo asi como Alfredo Fernández e Paco Fra , foron pezas claves na nova montaxe do museo. Quixemos que aqueles que fixeron posible o museo fosen partícipes activos da nova proposta, contando coa súa colaboración e opinión; a singularidade deste museo devén do sentir especial que desprende, máis alá das propias funcións que como institución cultural lle corresponden.

Desde o seu nacemento como escola, sempre existiu unha fonda implicación social coa institución. Isto mesmo foi o que fixo da institución o primeiro museo do mar de Galicia de carácter público. Mesmo compatibilizou durante anos ámbalas dúas funcións, como escola durante o inverno e museo polo verán (1969-1988).

O museo constitúe unha icona para a comarca e sobre todo para este pobo como elemento esencial da súa identidade.

Por todo o dito, queremos, loitamos e traballamos por facer del:

Un MUSEO DIDÁCTICO: un museo que debe seguir sendo unha escola, un instrumento para a aprendizaxe e a educación social, un medio para o intercambio recíproco de coñecemento, depositario non só de obxectos sen vida, senón tamén do patrimonio inmaterial, da memoria histórica e das lembranzas que constitúen a identidade dun pobo.

Un MUSEO ADAPTADO: un museo accesible, tanto no discurso como na montaxe expositiva.

Un MUSEO SOCIAL, que estableza un diálogo permanente co seu entorno.

 Un MUSEO DENTRO-FÓRA,  que estenda a súa acción fóra dos seus muros e manteña unha conexión viva coa súa orixe socio-comunitaria.

Un MUSEO INTERACTIVO E DINÁMICO, en constante evolución e en continua construción, que xere unha sinerxia positiva que faga del o centro gravitacional de novas accións. As novas tecnoloxías de comunicación aportarán unha maior fluidez á conexión do museo co público e ampliará de xeito ilimitado o seu ámbito de acción.

Un MUSEO DO FUTURO: un museo cercán, pero aberto ao mundo.

Este é museo que esta en terra de mar, nunha fermosa península, unha lingua de terra que sae sen medo ao encontro do mar. Un mar duro, perigoso, bravo, escravo, mais tamén unha porta aberta a novos horizontes, incertos e tamén esperanzadores, de azul cobalto. 

San Cibrao (San Ciprián) foi e é  berce de facedores de barcos e de homes afoutados, que a bordo deles peneiraron o mar para sacar del os seus froitos e foron quen de navegar ata lonxanos mundos. Mundos descoñecidos, mundos da memoria, historias senlleiras que forxan o espírito dun pobo. Historias para ser contadas.

O noso Museo do Mar é o seu mellor narrador. Non en van, dende hai máis de corenta anos, este museo, que nunca deixou de ser escola, lévanos da man polo ronsel de pegadas herdadas dos nosos devanceiros: os facedores de mundos.

San Cibrao foi berce de facedores de museos, deste museo que hoxe é o exemplo de museo máis accesible de Galicia. Eu, como Xerente da Rede de Museos, que aglutina aos Museos Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo de San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar, estou feliz de poder compartir estas liñas con vós e de formar parte tamén destas nosas festas.

Levamos áncoras! Sexan todos benvidos a esta a súa casa, o seu Museo, e Felices Festas do Carme para todos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati