ARTE PARA A MEMORIA
O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto.
A data
escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre
Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e
convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.
Así como o Himno
galego e a Bandeira galega foron creacións da emigración,
concretamente en La Habana, Cuba, o día dos Mártires Galegos foi
creado en Bos Aires polos galegos que nese momento histórico
residían na capital, entre eles Castelao.
Para a conmemoración
desta efeméride A REDEMUSEÍSTICA Lugo celebra un xornada de
actos e actividades didácticas baixo o título “Arte para a
memoria”. Os museos son contedores de historia e memoria. A través
do diálogo coas pezas e obras de arte expostas podemos coñecer e
obter información sobre o noso pasado, as nosas costumes, as nosas
tradicións, en definitiva sobre a nosa cultura. Unha memoria que
debemos ter encadrada no noso visor do presente para poder avanzar
cara un futuro de liberdade e paz.
A proposta didáctica
para público infantil céntrase na idea de entender a memoria
histórica como unha oportunidade para promover o pensamento crítico
das xeración máis novas e aprender do pasado para non cometer os
mesmos erros.
PROPOSTAS
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS:
- Achegámonos a vida e obra de Castelao:
- Gravado debuxos castelao.
- De que nos falan as personaxes de Castelao?
- Mural de “Arte, liberdade e memoria”.
- Xogo da memoria. Eliximos varias pezas e descubrimos que historias conteñen do noso pasado. Por un erro, mestúranse os elementos, Debemos facer memoria e atopar as relacións correctas.
- O Museo da memoria. Eleximos varias pezas expostas que nos falen dun artista ou dunha historia que forme parte da nosa historia. Reproducimos as pexas en pegatinas e creamos a nosoa propia colección de arte e memoria. (Material: crea o teu museo).