Ola!
hoxe comezamos co obradoiro Arte na rúa, no que os nosos rapaces van a aprender unha nova linguaxe artística, a da arte urbana, una forma de arte sen complexos, libre de ataduras e regulamentos, que conseguiu transformar os espazos públicos en verdadeiros museos ó aire libre. Para este obradoiro contamos coa colaboración especial e desinteresada, da arte pola arte, de Ángela Fernández Veiga (deseñadora gráfica), Uxía Cuba Veiga (mestra), Paz Quiroga (mestra de Arte no IES Alfoz-Valadouro), Cristina Basanta (artista) e Lucía Vila (artista e escritora de contos para nenos). Moitísimas gracias a todas elas!!! Hoxe aprendemos cómo nace e se desenvolve unha idea dentro do proceso creativo; deseñamos os bocetos que nos van a servir para a realización do noso mural. Mañá pasamos da idea á acción!!! Manterémosvos informados!
Comentarios
Publicar un comentario