hoxe ás 15.00h falamos de ESTUDIO ABERTO Rede Museística de Lugono programa Diario Cultural de Radio Galega
podedes escoitalo en directo no seguinte link: http://www.crtvg.es/rg/rg-en-directo/canle/radio-galega
cc Encarna Lago Rede Museística Provincial de Lugo Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo Deputación de Lugo
día 1 de agosto, ás 11:30 horas, no Museo Provincial de Lugo o ACTO DE PRESENTACIÓN DA TERCEIRA EDICIÓN DE ESTUDIO ABERTO, proxecto de residencia artística que se vai desenvolver na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos do 1 ao 7 de agosto. Este acto contará coa presenza de Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo; e de Encarna Lago, xerente da Rede Museística, entidade organizadora deste evento. Nesta presentación haberá unha recepción e benvida aos 8 artistas seleccionados, chegados de diferentes partes do mundo. Asimesmo, farase entrega aos medios de comunicación do proxecto e o programa completo de ponencias, charlas, obradoiros e horarios de traballo en directo dos artistas. Cómpre lembrar que a inauguración da mostra resultante realizarase o venres 8 de agosto ás 20.00 horas.
ARTISTAS SELECCIONADOS:
ANA ARREGUI (1983, Sevilla)
RUBÉN PÉREZ POMBO (1985, Lugo)
ANNA KATARINA (1976, Estocolmo-Suecia)
ADRIANA PAZOS (1971, Montevideo-Uruguay)
FÉLIX CARPIO (1983, Gijón-Asturias)
BASILISA FIESTRAS (1985, Pontevedra)
MARCELA MASTROIANNI (1985, Buenos Aires-Argentina)
MARÍA XOSÉ DOMINGUEZ (1967-Santiago de Compostela)
A entrada a este acto é libre e gratuita.
Lugo, 31 de xullo de 2014
Comentarios
Publicar un comentario