O son da historia de Lugo arredor dun café, con Paco Nieto
O luns, 17 de marzo, ás 17:00 h. na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación) temos unha cita con Paco Nieto, xornalista de Radio Lugo e unha das voces máis coñecidas da radio local.
“O son da historia de Lugo arredor dun café” é unha charla ilustrada con documentos sonoros, conducida pola xerente, Encarna Lago, na que as voces de homes e mulleres lucenses, ou vencellados a Lugo por distintos motivos, volven á vida. Luis Pimentel,Ricardo Carballo Calero, Castelao, José Trapero Pardo, Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro, Ánxel Fole ou Maruja Malloserán algunhas desas voces da memoria recuperadas por Paco Nieto e que poderemos escoitar nesta conferencia sonora, que se enmarca como actividade complementaria da exposición “Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo” . A entrada é libre e gratuíta.

Comentarios
Publicar un comentario