Por vez primeira o festival Miradas de Mulleres, que promove a nivel estatal o colectivo Mujeres en las Artes Visuales, desenvolverá en Galicia parte do seu programa. Paula Cabaleiro é a responsable de coordinar o desembarco da iniciativa, que chega ao noso país con nada menos de 28 sedes entre galerías, museos e institucións. No programa alternan exposicións individuais e colectivas, proxeccións, coloquios ou xornadas. Aínda que as actividades arrincan xa o 6 de febreiro coa exposición Xénero e artes visuais en UVigo, na Sala X de Pontevedra, o acto inaugural desenvolverase o vindeiro 8 de marzo na sede da Deputación de Lugo.
Festival Miradas de Mujeres #Galicia2014 en Culturagalega.org GRAZAS!
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23812
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=23812
Comentarios
Publicar un comentario