Hoxe fun con Lucía Dequidt e Enrique Alcorta a seguir co proxecto de Museos e Carcere : MUSEOS PÚBLICOS 25.2
Hoxe xoves, día 27 de febreiro, ás 17:00 horas, Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, o responsable de Arqueoloxía, Enrique Alcorta, e Lucia Dequidt Lagares, do departamento de didáctica, trasladaranse a prisión de Bonxe para dar continuidade ao Programa “Museos Públicos 25.2.”
A iniciativa “Museos públicos 25.2” ten como obxectivo achegar os nosos museos a colectivos que non son, tradicionalmente, usuarios destas institucións, así como a de colaborar na integración social a través da cultura. Trátase dun proxecto que establece un diálogo bidireccional entre as partes participantes e que se estrutura en varias fases de desenvolvemento: visita dos profesionais dos museos ao centro penitenciario, e a presenza dos participantes nos nosos museos a través de mostras con traballos realizados no centro penitenciario.
Trátase dunha iniciativa encadrada no proxecto "Espazos públicos de visibilidade" dentro do macroproxecto "Enredarte” que asume esta responsabilidade dende o concepto de museoloxía social como práctica de intervención co obxectivo de traspasar e derrubar muros como estratexia para a transformación da realidade.
Comentarios
Publicar un comentario