CONVOCATORIA ABERTA PARA PARTICIPAR NA CREACIÓN DUNHA OBRA DE ARTE TERRA, POSTAIS PARA LUGO DE CAROLINA CRUZ GUIIMAREY
CONVOCATORIA ABERTA PARA PARTICIPAR NA CREACIÓN DUNHA OBRA DE ARTE
TERRA, POSTAIS PARA LUGO DE CAROLINA CRUZ GUIIMAREY
A Rede Museística Provincial de Lugo lanza unha convocatoria aberta para participar na ecreación de TERRA, postais para Lugo. É unha peza colaborativa da artista Carolina Cruz Guimarey pensada para a exposición colectiva Olladas de muller sobre a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, na que diversas artistas recrearán a obra orixinal de Maruja Mallo coas linguaxes artísticas actuais: instalación, pintura, fotografía, vídeo, danza…
A artista Carolina Cruz Guimarey creará unha instalación específica utilizando a terra enviada polos lucenses que vivan fóra de provincia de Lugo. Podes colaborar enviando un sobre cun pouco de terra do lugar onde resides, indicando a túa procedencia natal e o teu domicilio actual.
Envía a túa terra a:

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001
Lugo
Podes visitar a proposta en: https://www.facebook.com/terrapostaisparaLugo
TERRA, Postais para Lugo de Carolina Cruz Guimarey formará parte da exposición Olladas de muller sobre a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo xunto con 9 proxectos inéditos realizados por Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Xisela Franco, Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto a Vari Caramés, que participará cunha fotografía do proxecto Miradoiro Galicia.
A exposición Olladas de muller sobre a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo está organizada pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª. Está comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, e coordinada por Ana Etchevería. A exposición inaugurarase o día 7 de marzo e se celebrará na Sala da Deputación de Lugo durante todo o mes de marzo. Enmárcase dentro das varias propostas doFestival Miradas de Mujeres que organiza o MAV en Galicia.

Para + info:
http://enredarteredemuseistica.wordpress.com/enredarte/olladas-de-muller-sobre-a-guia-postal-de-lugo-de-maruja-mallo/
Comentarios
Publicar un comentario