O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle a exposición fotográfica de Iván Merayo: Coma silvas que comen muros
O Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos acolle desde hoxe a exposición fotográfica “Coma silvas que comen muros”, do arqueólogo monfortino Iván Merayo, coa que o artista pretende rememorar a última execución pública cometida en Monforte no marco da ditadura franquista. Na inauguración da mostra participou o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, xunto ao alcalde nacionalista de Monforte, Severino Rodríguez, e o propio autor das fotografías. Durante o transcurso da inauguración os asistentes tamén recibiron o catálogo que se editou coas fotografías xunto con 5 textos de escritoras e escritores galegos.
A mostra, que estivo exposta no Museo de Lugo do 22 de outubro ao 22 de novembro de 2013, está composta por trece imaxes panorámicas que parten dun campo desenfocado, da dificultade para pousar a mirada. As fotografías representan conxecturas dos derradeiros cheiros, do frío do condenado a morte. Instantáneas posíbeis dunha última ollada; da visión atropelada de alguén obrigado a se despedir ás présas. Lembranzas dunha morte indigna. Apenas ferruxe e confusión. No medio da confusión, uns pequenos puntos enfocados, a constatación da morte. E, como pano de fondo, un entorno decadente ciscado de malas herbas. A vexetación, como a vida dunha persoa, pode ás veces chegar a ser indesexábel para algunha xente. Como a maleza.
As imaxes foron tomadas no campo do Freixo, onde se produciu a última execución pública cometida en Monforte, o fusilamento do factor ferroviario Manuel Pérez Goyanes, o 3 de outubro de 1941, acusado de provocar, na estación, un accidente de tren que non causara vítimas, pero que a ditadura considerou como sabotaxe política. Deste xeito, a colección pretende rescatar unha historia, como tantas, silenciada. Convertela nunha historia recuperada. Un relato destinado tanto a quen queira coñecelo como a quen non queira esquecelo. Unha lembranza imposíbel de setenta e dous anos atrás.
O autor das fotografías, Iván Merayo, pretende con este traballo "rescatar unha historia, como tantas, silenciada. Convertela nunha historia recuperada. Un relato destinado tanto a quen queira coñecelo como a quen non queira esquecelo. Unha lembranza imposíbel de setenta e dous anos atrás".
Neste sentido, Mario Outeiro afirmou que “esta colección fotográfica trasládanos a unha época caracterizada polo terror e non deixa de ser unha homenaxe a todas e todos aqueles que loitaron pola defensa da democracia e da liberdade e sufriron en primeira persoa a represión franquista”.
Hoxe o campo do Freixo semella un lameiro frío e húmido partido en dúas metades pola estrada N-120. A sensación que produce é de abandono. Unha mestura de soidade e tristeza, reforzada polas silvas que comen os muros e se multiplican polas beiras da pista que o percorre. Se cadra a impresión que transmite non é máis que a propia do desuso, do abandono das terras e dun xeito de vida. Ou se cadra, é porque neste lugar consumouse a derradeira execución pública do fascismo na vila de Monforte de Lemos.

Comentarios
Publicar un comentario