Ir al contenido principal

A Rede Museística de Lugo promove unha convocatoria para participar na exposiciónOlladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais, blog e páxina web do Museo).

Rede Museística de Lugo promove unha convocatoria para participar na exposiciónOlladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais, blog e páxina web do Museo).
Esta exposición xira arredor dunha obra titulada Guía Postal de Lugo, que fóra realizada por Maruja Mallo e que actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo(para poder ver a obra fai click AQUÍ). As artistas participantes recrearán a obra orixinal en linguaxes artísticas actuais.
A exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unhainiciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura, Vicepresidencia 1ª.
A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, inaugurarase o día 7 de marzo e se celebrará na Sala da Deputación de Lugo durante o mes de marzo. Forma parte doFestival Miradas de Mujeres 2014, organizado a nivel estatal por MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales) e coordinado a nivel galego por Paula Cabaleiro.
2. PARTICIPANTES
Poderán presentarse a esta convocatoria todas as mulleres artistas vinculadas ao mundo da creación, de todos os ámbitos e disciplinas, sen límite de ni procedencia xeográfica.
3. TEMA DA CONVOCATORIA
Guía Postal de Lugo é un cadro pintado por Maruja Mallo, realizado no ano 1929 por encargo da Deputación de Lugo para ilustrar as páxinas dun libro titulado Lugo y su provincia (Libro de Oro), publicado tamén en 1929. Nesta obra, a artista ofrece a súa visión da cidade de Lugo.
Nesta convocatoria anímase ás participantes a reflexionar sobre a figura desta gran artista a partir do seu cadro Guía Postal de Lugo, así como sobre a propia cidade lucense.  
4. OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA
Por medio desta convocatoria búscase:
- A visibilización da arte creada baixo unha ollada feminina.
- Favorecer a produción de obra artística.
- A difusión de propostas actuais.
- A divulgación e o estudio da figura de Maruja Mallo.
- A promoción da provincia de Lugo.
5. TIPO DE OBRA
A través de diferentes disciplinas artísticas, formatos e técnicas tratarase de mostrar as múltiples posibilidades de abordar a cidade de Lugo, o tema tratado por Maruja Mallo, polo que serán admitidas pezas artísticas de distintas disciplinas: pintura, debuxo, fotografía, vídeo, música, escrita, etc.
6. TIPO DE IMAXE
As imaxes enviadas dos traballos cos que se quere concurrir á convocatoria deberán ser enviados en formato lexible (jpg, png, tiff, pdf).
Nestas imaxes deberá apreciarse a obra tanto na súa totalidade coma os seus detalles.
7.  DIFUSIÓN DE OBRA
1- Todas as obras recibidas nesta convocatoria terán difusión a traveś de diferentes plataformas online, como Enredarte (blog da Rede Museística de Lugo) a propia páxina web do Museo Provincial de Lugo, ademáis de diversas redes sociais. Deste xeito, búscase a creación dun arquivo de mulleres artistas para a visibilización dos seus traballos.
2- As obras e propostas presentadas á convocatoria poderán verse na propia sala expositiva xunto as obras e artistas participantes na mostra Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo; serán proxectadas, visionadas nun monitor ou poderán consultarse nun ordenador.
8. DATA DA CONVOCATORIA
A convocatoria terá lugar dende o 1 de febreiro ata o 25 de febreiro de 2014. A partir desta última data non será admitida máis documentación.
9. SOLICITUDES
DOCUMENTACIÓN
As personas interesadas deberán presentar un dossier que conteña:
A. Datos da persona participante:
- Nome e apelidos
- DNI
- Data de nacemento
- Enderezo postal
- Teléfono
- Correo electrónico
- Breve currículum ou bio con statement
B. Exposición sintética da proposta (máximo 2.500 caracteres contando espacios), acompañado de imaxes en alta e baixa resolución.
C. Breve dossier de obra anterior.
(A Comisión non terá en conta as solicitudes que non cumplan estes requisitos)
10. RECEPCIÓN DE SOLICITUDES
As propostas serán enviadas por correo electrónico ao seguinte enderezo:
guiapostaldelugo@gmail.com
Para resolver dudas e consultas pódese escribir a este mesmo enderezo de correo electrónico:
guiapostaldelugo@gmail.com
11. CONDICIÓNS DA CONVOCATORIA
 
1. Propiedade intelectual.

A Rede Museística de Lugo asume que todas as pezas son orixinais e propiedade de cada participante, con todos os dereitos que se lles atribúe. Non se fai responsable polas infracciones aos dereitos de autor ou propiedade intelectual nas que incurra a artista coa súa obra.

A Rede Museística de Lugo fará a promoción necesaria sobre o evento polo que se reserva o dereito de reproducir imaxes das propostas seleccionadas para a súa divulgación mediante calquera medio (gráfico, audiovisual, internet, etc.) durante todo o periodo da exposición. Polo cal, toda participante cede á Rede Museística de Lugo, con carácter de exclusividade e con facultade para esta de cesión a terceiros, durante a máxima extensión temporal que permite a lexislación vigente e para todo o mundo, a totalidade dos dereitos de explotación recoñecidos no Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, e todo iso sen prexuízo dos dereitos de carácter irrenunciable e intransmisible que o mencionado texto legal recoñece.

2. Dereitos de imaxe das participantes.

As participantes dan o seu permiso para aparecer en imaxes (fotografía, vídeo, etc.) tomadas dentro do recinto da Sala de Exposicións da Diputación de Lugo para a súa posterior difusión informativa ou promocional, e autoriza devandito uso.

3. Aceptación das bases

As solicitantes, polo mero feito de presentarse á convocatoria, aceptan as presentes bases.
En caso de necesitar máis información sobre a presente convocatoria, pódese escribir ao seguinte enderezo: guiapostaldelugo@gmail.com

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati