EXPOSICIÓN: A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo COMISARIADA POR FERNANDO ARRIBAS ARIAS E TERESA PENA
Esta exposición, formada por máis de 350 pezas, recolle a evolución creativa da cerámica de Isaac Díaz Pardo dende finais dos anos corenta do século pasado ata os seus últimos deseños, xa no século XXI. Trátase da gran primeira mostra realizada sobre produción cerámica levada a cabo por Díaz Pardo e na que figuran as obras orixinais dos seus comezos nesta actividade artística, así como tamén os últimos prototipos deseñados por el e os seus colaboradores (entre os que cómpre destacar a Luís Seoane co que funda oLaboratorio de Formas) pasando pola creación das fábricas de O Castro, Magdalena e Sargadelos. A mostra inclúe tamén debuxos e bosquexos inéditos de Isaac Díaz Pardo de pezas realizadas nestas fábricas.
Inauguración: xoves, 14 de novembro, ás 20:00 horas. (» Invitación acto de inauguración)
Inauguración: xoves, 14 de novembro, ás 20:00 horas. (» Invitación acto de inauguración)
EXPOSICIÓN: A vangarda das formas. Obra cerámica de Iisaac Díaz Pardo
Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo
(Do 14 de novembro de 2013 ao 2 de febreiro de 2014)
Comisariado e textos: Teresa Pena Moreda e Fernando Arribas Arias
Coordinación: Encarnación Lago González
Deseño expositivo: ta ta ta / Montaxe: Escenoset
Prestadores:
Fábricas do Castro e Sargadelos
Seminario de Sargadelos
Carmen Arias Montero
Camilo Díaz Arias de Castro
Xosé Díaz Arias de Castro
Ángel Patricio Rodríguez Argibay
Jesús Pérez Regueiro
__________Horario de visita
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Comentarios
Publicar un comentario