O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro vén de presentar, no Museo de Lugo, xunto coa Xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, o catálogo de EntoleARTE,
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro vén de presentar, no Museo de Lugo, xunto coa Xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, o catálogo de EntoleARTE, publicación que recolle os proxectos de creación artística multidisciplinar que se desenvolveron no antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael entre o 10 e marzo de o 14 de abril de 2012.
Documentos, imaxes e fotografías de todo o proceso creativo de EntoleARTE aparecen recollidas neste catálogo, que é o resultado final dun proxecto que naceu para darlle un peche simbólico desde unha perspectiva artística ao psiquiátrico de Castro xa baleiro, ofrecendo a unha chea de artistas de distintas disciplinas a posibilidade de materializar, nunha ocasión irrepetible, diferentes proxectos artísticos nun marco único como o do vello hospital.
Neste senso, Mario Outeiro recordou que “EntoleARTE pretendeu ofrecer unha posibilidade para transformar temporalmente unha cárcere de ilusións en espazo de liberdade. Foi unha explosión de creatividade no corazón da Chaira na que arredor dun cento de mulleres e homes acenderon, no máis íntimo de nós, unha luz de esperanza”.
O proxecto EntoleARTE xurdiu tralo éxito acadado pola exposición “Entre Marbella Torremolinos” comisionada polo fotógrafo Xosé Reigosa con motivo do peche definitivo, tras sesenta anos de actividade, do coñecido como psiquiátrico de Castro.

Comentarios
Publicar un comentario