Ir al contenido principal

Seleccionáronse os artistas que participarán cos seus proxectos en EnREDarte: http://bit.ly/1bsar29

Esta mañá, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou xunto á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, a selección de artistas, feita por un xurado de profesionais do mundo da arte, que farán parte do proceso de creación do proxecto ENREDARTE nas diversas accións que se levan a cabo dentro do proxecto.  Mario Outeiro destacou o carácter multidisciplinar, aberto e inclusivo dun proxecto global como ENREDARTE, “que dan a oportunidade tanto a novos creadores como a artistas xa consagrados, creando unha simbiose moi proveitosa. É un proxecto que abrangue cinco iniciativas que se desenvolven nos catro museos da Rede Museística, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e o antigo Hospital de San Xosé. Porén, ademais de plataforma para visualizar os traballos duns artistas determinados, EnredArte é tamén un acicate para promover a creación artística, xa que xurdirán novos proxectos creativos a raíz deste proxecto porque os artistas veranse animados e, ademais, isto tamén axudará a pór en valor os espazos museísticos e os fondos dos propios museos da Rede. Por todo isto, creo que estamos diante dun proxecto dunha envergadura moi grande xa que abrangue todas as esferas artísticas e desde todos os puntos de vista: creación, difusión, posta en valor de novos artistas e de espazos culturais singulares. Que os artistas aproveiten estes recursos e o público se achegue á arte”.  Encarna Lago anunciou cales serán os artistas seleccionados para participar en Estudio Aberto, concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación, etc. A sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que 12 artistas, mediante dúas residencias artísticas no Pazo de San Marcos disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados. A decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á sección de Estudio Aberto do proxecto EnREDarte foi para a residencia de xullo: Reme Remedios, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro, Gema López, Elena Gaztelumendi e Lomarti; Para a residencia de agosto: Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herran, Senén Olano, Ruth Montiel Arias. Como suplente queda designada Isabel Alonso. Por outra parte, para Diálogos na Rede, a iniciativa aberta aos artistas que respondan á convocatoria dos catro Museos da Rede Museística Provincial (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla) e presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede, o xurado seleccionou dous artistas para intervir en cada un dos museos: Enrique Tenreiro, Iago Eireos, Marina Núñez, Oscar Seco, Carmen Llonín, Paula Cabaleiro, Isabel Somoza, Yolanda Dorda.   Dentro da iniciativa Espazos Públicos de Visibilidade, tamén pertencente ao proxecto global ENREDARTE, mañá 11 de xuño, ás 17:30 horas, a xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago, xunto a Lucía Dequit e Francisca Abuín do departamento de Didáctica da Rede, visitarán o Centro Penitenciario de Bonxe para dar a coñecer ao persoal recluso deste centro os museos lucenses e os seus contidos a través dunha charla, complementada con diversas actividades. Logo, o xoves, 20 de xuño, na Sala Multiusos do MPL, os participantes nesta experiencia, reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe, darán a coñecer os seus traballos plásticos aos visitantes con unha exposición.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati