PRÓXIMA EXPOSICIÓN: Estar, de Jesús Otero-Yglesias Inauguración: Mércores, 26 de xuño de 2013, ás 20:00 horas (Invitación) EXPOSICIÓN: Estar, de Jesús Otero-Yglesias Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Inauguración: 26 de xuño de 2013) Entrada gratuíta
PRÓXIMA EXPOSICIÓN: Estar, de Jesús Otero-Yglesias
Inauguración: Mércores, 26 de xuño de 2013, ás 20:00 horas (Invitación)
EXPOSICIÓN: Estar, de Jesús Otero-Yglesias
Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo
(Inauguración: 26 de xuño de 2013)
Entrada gratuíta
__________Horario
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

_____ESTAR
Nunha ocasión preguntáronlle ao artista francés Marcel Duchamp, ao que André Bretón tiña por un dos homes máis intelixentes do mundo, que necesitaba a arte moderna para ser máis accesible e máis popular entre a xente. A resposta de Duchamp non puido ser máis simple e sorprendente: “cadeiras”, o que o mundo da arte precisaba era realmente unha situación de maior comodidade, facilitar o “estar” diante da obra de arte sen que parecese que un ía en tránsito ou “de paso”. Curiosamente, algo disto xa existía durante aqueles anos, falamos dos anos 50 e 60, polo menos nos museos americanos onde había cadeiras e plantas con bastante frecuencia no medio das obras artísticas. Diríase que era un modo de facer menos árido e menos vanidosamente intelectual o lugar onde se expoñía, o museo, e á vez de diluír a fronteira entre o doméstico e a alta cultura, ou, noutras palabras, domesticar o museo, domesticar a arte contemporánea ou moderna facendo da sala de exposicións un lugar un pouco máis parecido a aquilo que nalgún tempo nas casas se chamaba a “sala de estar”.
Esta exposición recolle ese espírito, esa pretensión de habitabilidade e domesticación do museo. Aquí, ademais dunha revisión da miña obra anterior e algunhas cousas feitas para esta exposición, hai plantas de interior, palmeiras, lugares onde sentar e ler, ou onde repousar e tomar un café, ou onde sentar para ver o proceso de elaboración de debuxos e obxectos do artista -que andará traballando por aquí de cando en vez- ou onde reclinarse a durmir se o desexa … Esta “é” unha exposición que permite tamén “estar” nela doutra forma. Así, resulta posible e agradable permanecer máis tempo, así devén posible compartir con outros un pouco de amizade e comentar o visto, así hai posibilidade de ver como avanza un proceso de pensamento, así facilitamos tamén que aqueles que visitan a exposición e fan uso destas posibilidades se integren como unha obra máis, como unha obra de arte vivinte que é o que somos cada un de nós despois de todo. Xa se dixo hai tempo “todo home é un artista” e ás veces nin sequera fai falta que “sexa”; pódelle abondar con “estar”.
[Jesús Otero-Yglesias]

Comentarios
Publicar un comentario