Ir al contenido principal

NOTA DE PRENSA DE AUXILIA LUGO

Auxilia premiada na VII edición do   “Premio de Turismo accesible” convocado  pola Universidade Antonio de Nebrija e a Fundación ACS

Un traballo realizado por Auxilia Lugo, elaborado por Fernanda Arrojo Novoa e María Fernández Ferreiro,  conseguiu o Segundo Premio na  VII Edición do   “Premio de Turismo accesible” convocado  pola Universidade Antonio de Nebrija e a Fundación ACS.  Este premio, ademais do recoñecemento público, ten unha dotación económica de 2000 euros.
Os convocantes do premio consideran que  o turismo accesible ou o turismo para todos é un mercado emerxente que xera fortes impactos económicos sobre as empresas do sector turístico e, por iso, é necesario mellorar o coñecemento deste mercado a través de investigacións que poñan ao día os impactos desta actividade específica, as necesidades de adaptación da oferta turística ás diferentes necesidades dos discapacitados e o proceso de adecuación entre a oferta e a demanda, desenvolvéndose metodoloxías e procesos de avaliación que permitan a incorporación con normalidade do mercado turístico de discapacitados aos sistemas de investigación, estatísticos e outros xerais do sector.
Auxilia neste traballo dá a coñecer todas as iniciativas promovidas desde a entidade para promocionar  o turismo accesible na nosa cidade que se viñeron desenvolvendo durante os últimos anos, así como o seu labor reivindicativo pola accesibilidade ao noso patrimonio monumental.
Dentro deste traballo ten un importante apartado o portal “lugoaccesible.net”.  A nosa web recibiu este ano máis de 11.000 visitas desde un bo número de países  do mundo. Nela pódese atopar información detallada sobre a accesibilidade aos nosos museos, monumentos , rutas , aloxamentos e hostalaría, aparcadoiros,  transporte público, etc., todo o que unha persoa con mobilidade reducida necesita saber se quere visitar Lugo. Un apartado moi importante da web é o dedicado á Muralla romana onde mediante vídeos , fotos e texto  detállase cada vinte metros todo o percorrido sobre o adarve.
Auxilia  sempre defendeu o enorme potencial que ten  a nosa cidade para converterse en receptora deste tipo de turismo, pola accesibilidade do centro histórico e escasas distancias entre monumentos e museos. Tamén estamos convencidos que conseguir que a Muralla romana chegase a ser accesible para persoas con mobilidade reducida tería unha enorme repercusión non só a nivel nacional e levaría unha maior afluencia deste tipo de visitantes,  que se fai máis especial cando consideramos que a persoa discapacitada non adoita viaxar soa,  máis ben ao contrario, adoitan  acompañala unha ou varias persoas máis.

Auxilia lamenta que mentres  pon os seus esforzos  en pos de conseguir atraer  visitantes con mobilidade reducida á cidade,  atópase coa inmobilidade da Consellería de Cultura, que un ano despois de ser aprobada  no Parlamento unha moción para a accesibilidade á Muralla desde os xardíns da Deputación, nada se fixo respecto diso nin se nos contestou á nosa petición de ser recibidos polo Conselleiro .

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati