Mañá martes, día 20 de xuño, ás 19:00 horas, terá lugar na Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo, a inauguración dunha mostra dos traballos realizados polos reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe, actividade que se encadra dentro da iniciativa Museos Públicos 25.2, cifra que fai alusión ao artigo da Constitución que garantiza o acceso á cultura daquelas persoas privadas de liberdade.
Englobada dentro do proxecto EnREDarte, esta actividade forma parte do programa Espazos públicos de visibilidade, na que os museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo ofrecen os seus espazos para a presentación pública de calquera proposta artística.
A entrada a esta actividade é libre e gratuíta.

Comentarios
Publicar un comentario