Dirixido aos integrantes do Clube Pequeamigos da Rede, mañá sábado, día 22 de xuño, de 12:00 a 13:30 horas, terá lugar nos museos que integran a Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) unha nova sesión dos OBRADOIROS DE CREATIVIDADE. Con esta proposta, a Rede Museística pretende que os rapaces/zas coñezan en profundidade os nosos museos e ás persoas que traballan nos mesmos, a partir de experiencias directas e vivencias coas obras de arte.
O obradoiro de mañá está dirixido a rapaces/zas de 4 a 14 anos e leva por título AS MEIGAS E A ILLA DO MISTERIO. Será desenvolto pola xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e polo persoal do Departamento de Didáctica dos devanditos museos.

Comentarios
Publicar un comentario