“A Imaxe Reb/Velada 2012. Debuxos e fotografías de Baldomero Pestana”, que estará aberta ao público dende hoxe e ata o vindeiro 14 de xullo no Museo do Pobo Galego.

Esta mostra xorde a través do programa de Proxeccións Artísticas da Rede Museística da Deputación de Lugo, que promove o coñecemento dos artistas e creadores lucenses alén da nosa provincia e que nesta ocasión achega os debuxos e fotografías de Baldomero Pestana a Compostela.
Neste senso, Mario Outeiro explicou que “ese papel que xoga a área de Cultura da Deputación á hora de pór en valor os nosos artistas, non é algo novo no caso deste fotógrafo e pintor lucense, xa que, no ano 2008, o Museo de Lugo, dentro da programación de actividades con motivo do 75 aniversario do centro, acolleu a primeira exposición, en Galiza, dedicada en exclusiva aos traballos realizados por Baldomero Pestana e editou o primeiro catálogo que recompila súa obra, o que supuxo un gran pulo na recuperación da súa figura”.
A exposición constitúe unha brevísima antoloxía da súa ampla produción, e preséntase agrupada en tres seccións. A primeira, baixo o título de ‘Personaxes’, reúne fotografías de persoeiros ilustres que posaron para a súa cámara, como Bioy Casares, Borges, Bryce Echenique, Gillespie, Carlos Fuentes, García Márquez e Laxeiro, entre outros. Baixo o rubro ‘Fotos Artísticas’ móstranse imaxes tomadas entre 1959 e 1981 nos puntos máis distantes do ancho mundo. A terceira e última sección, denominada ‘Debuxos’ está formada por obras realizadas a lapis sobre papel Brístol entre 1979 e 1992.No referente á obra, Outeiro destacou a mirada crítica e social do artista e resaltou a figura de Pestana como retratista pondo en valor “a súa grande habilidade en canto os seus retratos amosan algo máis que a parte física da persoa, chegando a reflectir a súa vida interior, ofrecendo, así, algo diferente do que creaban os seus coetáneos e que non obedecía a ningunha corrente artística”.


Comentarios
Publicar un comentario