Free counter and web stats

viernes, 24 de mayo de 2013

Representación de Animaliños (de R. Vidal Bolaño) no Pazo de Tor O domingo, 26 de maio, ás 16:00 h. vai ter lugar no Museo Pazo de Tor a representación da obra Animaliñosde Roberto Vidal Bolaño, unha adaptación de Eva F. Ferreira a cargo dos actores e actrices do Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara. Con esta representación a Rede Museística da Deputación de Lugo.

E
Representación de Animaliños (de R. Vidal Bolaño) no Pazo de Tor
O domingo, 26 de maio, ás 16:00 h. vai ter lugar no Museo Pazo de Tor a representación da obra Animaliñosde Roberto Vidal Bolaño, unha adaptación de Eva F. Ferreira a cargo dos actores e actrices do Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara. Con esta representación a Rede Museística da Deputación de Lugo.
ObraAnimaliños, de R. Vidal Bolaño 
Adaptación e dirección: Eva F. Ferreira
Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos, ás 16:00 horas
1ª representación a cargo do Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara
2ª representación a cargo da Aula Municipal de Teatro de Monforte
ENTRADA LIBRE

SINOPSE:
Unha praga de caracois nunha urbanización de chalés desencadea unha neurose colectiva, facendo saír á luz o peor de cada casa. Obsesionadas coa preservación da súa pequena parcela de felicidade, as persoas que alí residen pasarán por riba de todo aquilo que represente unha ameaza para elas. Incluída a propia veciñanza.
“Animaliños” (Premio María Casares 2003) é a terceira parte dunha triloxía sobre a sociedade actual, dominada pola aparencias e o individualismo. Con grandes doses de retranca e humor, Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, debuxa un retrato certeiro sobre a vida nun espazo domesticado e hostil. E non só para os animais.
REPARTO (Obradoiro de Teatro do CEIP A Gándara):
Alba Rodríguez González
Aldara Fernández Rodríguez
Alejandro Fernández Gran
Alicia Soto Pallares
Andrea Álvarez López
Antía Álvarez Salgueiro
Aurora Domínguez Fernández
Claudia Rodríguez Díaz
Claudia Rodríguez Martínez
David Rodríguez González
Eva Martínez López
Julia Pérez Pérez
María Rodríguez Fernández
Mauro Casas Rodríguez
Noa Díaz Quintián
Óscar Fernández Gran
Sara Marcos Pérez
Uxía Soto Pallares
Víctor Domínguez Fernández
Xiana Muñoz Fernández