Ir al contenido principal

IV Semana do Libro e a Lectura Infantil e Xuvenil no MPLugo(REDEMUSEISTICA)

IV Semana do Libro e a Lectura Infantil e Xuvenil no MPLugo
Esta IV Semana do Libro e a Lectura Infantil e Xuvenil baixo o lema A toda máquina vai ter lugar desde o 26 de maio ata o 1 de xuñono Museo Provincial de Lugo. Tras a inauguración, prevista para odomingo, 26 de maio, ás 12:30 horas, son numerosos os espectáculos, obradoiros e exposicións que se ofrecen ao público na Sala de Exposicións do MPLugo.
Téñase en conta que polas mañás, as actividades están concertadas con centros de ensino estando todas as visitas cubertas, pero polas tardes os espectáculos e as visitas ás distintas exposicións e actividades son de entrada libre e gratuíta.

PROGRAMA

DOMINGO, 26 de maio, ás 12:30 h.: Inauguración 
Peter Punk
Unha personaxe imaxinaria chegada do país de nunca máis que sempre sorprende cun humor gamberro e fresco sen igual. Neste espectáculo de carácter cómico, Peter Punk, como un neno que se nega a medrar, xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares.

Exposicións permanentes: 
Parafusos, alambiques e birleques. AGPI.
Exposición de libros cedidos polas editoriais.
Exposición de materiais elaborados por alumnas e alumnos dos centros de ensino de Lugo.

Horario de visitas ás exposicións: permanecerán abertas de 10 a 14 horas para centros de ensino e de 18 a 20 horas para o público en xeral.



Actividades concertadas cos centros de ensino


De luns a venres de 09:30 a 14:00 h.


LUNS 27, de maio, E. Infantil
SACAPENAS. Beatriz Campos, de Migallas Teatro
Un obradoiro a partir do álbum ilustrado de Anthony Brown do mesmo título. Despois de contar o conto, os nenos e as nenas poderán construír o seu propio “sacapenas” con teas, recortes de papel e pinturas deixando voar a súa imaxinación.

CREAMOS UN CONTO: “O Lobo Perico qué por non saber ler, quedou sen un bico”. Fiz López, animador socio-cultural
A través da literatura e da imaxinación viaxaremos por un mundo cheo de ilusións, no cal teremos que axudar ao Lobo Perico a sortear un sen fin de probas, correndo así unha aventura na que teremos que empregar todo o noso enxeño e a nosa imaxinación. Seremos participes e protagonistas dun conto, que
só nós poderemos crear.

MARTES, 28 de maio, 3º E. Primario
ACÚSTICA DA IMAXINACIÓN. Manolo Panforreteiro, músico e actor
Un obradoiro de sons, voces, melodías e ritmos que alimentan historias. A imaxinación aliméntase coa palabra e medra coa música. A imaxinación pode nacer nun libro, medrar coa axuda de sons e ritmos e mesmo facerse mesmo xigante coa axuda da música.

OBRADOIRO DE MAXIA. Mago Cali
Unha aposta divertida e entretida para achegarnos o mundo do ilusionismo. A grande dose de imaxinación dos nenos e nenas verase afianzado neste Obradoiro de Maxia onde traballaremos as habilidades manuais, matemáticas e o enxeño, ademais das capacidades de comunicación na presentación dos efectos máxicos.

MÉRCORES, 29 de maio, 5º E. Primario
OBRADOIRO DE PERCUSIÓN
Odaiko Percussion Group
Odaiko proponnos una divertida escenificación en directo, chea de ritmos e sonoridades da percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade polas distintas manifestacións artísticas, son os puntos clave.

XOVES, 30 de maio, 1º E. Primario
O CEO É PARA TOD@S! 
Óscar Sánchez, divulgador científico
Que podemos ver no ceo polas noites? A Lúa, as estrelas, os planetas... gozar do firmamento está
ao alcance de todas as persoas e a todas as idades.
Un obradoiro para aprender e xogar co maior espectáculo do mundo: o firmamento.

A MAQUICHOLA. Cando os peixes voan e as utopías constrúen realidades. Tegra A. Gómez Pino, animadora socio-cultural
A maquichola é un xogo de creación literaria no que os nenos e as nenas terán que conseguir obxectos do interior da cabeza: palabras, imaxes( ata un total de 4 elementos), introducindo a man polos orificios da Maquichola e escoitando que nos conta ou canta,para crear un miniconto. Un conto de contos que será exposto na Semana do Libro.

VENRES, 31 de maio, 1º E.S.O.
MENTIRA NON É. Obradoiro de creación de historias. María Lado, escritora
Imos empregar diferentes recursos para crear e contar unha historia partindo, para iso, de cancións, contos xa coñecidos, xogos colectivos, xogos de palabras, ilustracións... de maneira que se procuran diferentes fontes de inspiración que nos permitan comezar a crear a nosa propia historia. que poderán optar por expoñer de maneira oral ou escribir ao final da sesión.

OBRADOIRO DE BANDA DESEXADA
Iván Serrano Lafuente, animador socio-cultural
Todos sabemos o que é a Banda Deseñada, pero que
é a Banda Desexada?. Un percorrido a través da lectura onde os escolares descubrirán, de maneira divertida, o cómic nas súas múltiples facetas: O Underground americano, o manga, a escola Franco-Belga, a novela gráfica... Atréveste?




Actividades abertas ao público


De luns a venres ás 18:30 h.
ENTRADA GRATUÍTA


LUNS, 27 de maio
CONTOS NAS ORELLAS. Bea Campos, Migallas Teatro
En CONTOS NAS ORELLAS mestúranse contos tradicionais e de autor con xogos tradicionais e cancións. Divertidas historias que axudan a espertar
a imaxinación dos máis pequenos.

MARTES, 28 de maio
CONTANDO AOS SETE VENTOS. Manolo Panforreiteiro, músico
Historias de mares, soños e ventos. O mar e diferente en cada praia. Así tamén estas historias van mudando. En cada porto deixan algo novo que rescata o anterior.

MÉRCORES, 29 de maio
CIRCANELO: ESPECTÁCULO DE CIRCO. Fredi&Cia, clown
Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia.
É unha viaxe por un mundo de emocións, xogos e improvisación onde o público acompaña a este paiaso que non dubida en exporse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos e nenas.

XOVES, 30 de maio
LUME. Teatro Babaluva, títeres
Unha obra de teatro de temática medioambiental, os animais colaboran para apagar un incendio no bosque. A Compañía BABALUVA sorprende cunha fantástica representación, onde os títeres e elementos escenográficos están realizados con obxectos cotiás, recoñecibles e sen case transformación. Inspirada no conto de Alberto Varela Ferreiro titulado: LUME!
Un bo estímulo para a imaxinación e a creatividade.

VENRES, 31 de maio
RODAR E RODARI (CONTOS DO TRANVÍA) Fantoches BAJ
Rodar i Rodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que empregamos o conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari, e os monicreques para, partindo da domesticación de un animal como o burro, chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías.

SÁBADO, 1 de xuño, ás 12:30 horas
CLAUSURA: CONTOS DE LOBOS. Os Gazafellos
Un Conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose... Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos...ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fanacrobacias ...ala!! E os contos? —Que nos axude o público ...






Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati