Ir al contenido principal

HOXE NACE O CLUBE SENIOR DA REDEMUSEISTICA DE LUGO.


CLUBE SENIOR DA REDE
Nos últimos tempos estamos sendo testemuñas de cambios demográficos  ligados ao aumento da esperanza de vida e por ende a un envellecemento da poboación.  Novos fenómenos nos que aparecen conceptos coma o da “terceira idade” ou “persoas maiores”, que en todo caso falan dun grupo significativo, que comparten tempos e espazos cunha necesidades específicas. E unha desas necesidades vincúlase ao ocio e tempo libre e ao seu papel na sociedade actual.
O museo é unha institución ao servizo da sociedade, da cal é parte inalienable e ten na súa esencia mesma os elementos que lle permiten participar na formación da conciencia das comunidades ás cales serven (…): é dicir aunando o pasado co presente e comprometéndose cos cambios estruturais imperantes e provocando outros dentro da realidade respectiva.”
*extracto da Declaración da Mesa Redonda de Santiago de Chile, 1972: “El desarrollo del papel de los museos en el mundo contemporáneo”
Todo isto nos obrigan a actuar e intervir dende o prisma da museoloxía social. Dende a Rede Museística de Lugo hai tempo que vimos traballando no concepto de “Un museo para todos, entre todos”.
É neste senso onde se inserta o Clube Senior que nace do formulamento dunha pregunta que se establece en sentido bidireccional: ¿ Que pode o museo ofrecer  aos maiores; e que poden ofrecer os maiores ao museo?.
Os maiores, ao igual que os nosos museos atesouran unha colección de experiencias vitais que forman parte  da historia da nosa cultura, e son ademais de axentes activos un recurso humano de valor incalculable.
Dende o museo aproveitamos a fórmula empregada este ano polo ICOM para conmemorar o Día Internacional dos Museos [memoria + creatividade = progreso social] para inaugurar este Clube Senior, que entre outros obxectivos , formúlase:
-          Realizar actividades en horarios axeitados ao seu tempo libre que lles enriquezan culturalmente, profundizando en aspectos non só da nosa cultura, senón tamén aspectos doutras culturas pasadas, presentes e coas que convivimos.
-          Realizar obradoiros prácticos.
-          Ofrecerlles un espazo de relación e comunicación con outras persoas.
-          Darlle a coñecer a Rede Museística de Lugo e os contextos sociais, culturais e naturais onde se inxiren.
-          Darlles a oportunidade de validar e expresar as propias experiencias vitais e relacionalas coa historia local de Lugo.
-          Organizar programas interxeracionais baseados no intercambio de experiencias e coñecementos (Novas tecnoloxías, tempos de lecer, léxico galego, etc)

Formara parte deste Clube ofrece ademais outra serie de vantaxes coma son Invitación ás inauguracións temporais; Encontros mensuais: “Conversas a carón da lareira “ ; visitas temáticas dialogadas polas diversas coleccións dos Museos da rede, etc

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati