Dentro do programa ENREDARTE, proxecto global concebido pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, e que ten por obxectivo incentivar a creación, a promoción e a difusión de diferentes disciplinas artísticas, acompañamos as bases polas que se desenvolverán tres das cinco iniciativas que engloban o citado programaENTOLEARTE. Trátase das referidas a Diálogos na Rede, Estudio Aberto e Espazos públicos de visibilidade.
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario