EXPOSICIÓN: Culturas para compartir. Xitanos hoxe (Exposición didáctica)
Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO (8 de abril)
Refectorio do Museo Provincial de Lugo
(Do 15 de abril ao 8 de maio de 2013)
Organizan: Fundación Secretariado Gitano (FSG)
Patrocina: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e Rede Museística Provincial.
A exposición amosa a través de distintas áreas temáticas, textos, imaxes e obxectos con información sobre a historia e a actualidade da Comunidade Xitana. Tradicións e cultura xitana a través de paneis didácticos, imaxes, música, actividades lúdicas, conta-contos e un área de literatura e consulta, cunha pequena exposición de materiais.
ACTO DE INAUGURACIÓN
Luns, 15 de abril, ás 20:00 horas
Refectorio do MPLugo
En representación da Fundación Secretariado Gitano (FSG) asistirán a directora territorial, Eva Vera Ledo e o coordinador provincial, Manuel Requeijo Arnejo.
En representación da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o deputado delegado, Mario Outeiro Iglesias.
VISITA GUIADA
A continuación, Irene Jiménez Cortiñas, técnico de Mediación da FSG, realizará unha visita guiada á exposición.
CONCERTACIÓN DE VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA GRUPOS ESCOLARES
A Fundación Secretariado Gitano (FSG) oferta aos centros escolares, e para todos os ciclos, a posibilidade de concertar visitas guiadas a esta exposición. A tal fin, co obxecto de fixar día e hora da visita, o profesorado interesado debe porse en contacto a través do tfno.:. 982 265 422.
→ (Descargue aquí o folleto informativo).
Máis información en:
FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO (FSG)
Sede Territorial Galicia: Ronda do Carme, 50, Ent., C
fsglugo@gitanos.org
→ (Web oficial da FSG).
__________Horario
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta






__________
1900_Culturas para compartir. Xitanos hoxe.pdf

1900_Folleto informativo_visitas escolares.pdf

Comentarios
Publicar un comentario