Ir al contenido principal

EXPOSICIÓN ARTESONADO. 25 ANOS Antigos Alumnos da Escola de Arte “Ramón Falcón” de Lugo

EXPOSICIÓN: ARTESONADO. 25 anos
Esta exposición, organizada pola Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Arte “Ramón Falcón” de Lugo, en colaboración coa área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, inaugúrase o mércores, 3 de abril, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo). 
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo)
(desde o 3 ao 30 de abril de 2013)

Entrada gratuíta

Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo
R/ San Marcos s/n
27001 Lugo

Contactos: Tfno.: 982 242112 / info@museolugo.org

PRESENTACIÓN


No ano 1988, a Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Arte “Ramón Falcón” de Lugo, tomou o acordo de inserir nas súas actividades editar unha revista de carácter cultural que tivese continuidade no tempo e que levase por nome ARTES/0/NADA, que rematou, por simplificación, en ARTESONADO. Para iso conformouse un equipo encargado de solicitar as colaboración e da confección material da revista que se reunía todos os días no estudio que tiña Carmen Soilán Losada na rúa de San Xillao, para traballar na confección da revista entre as oito e as dez da noite, levando incluso traballo para facer na casa. Daquela non se utilizaba nin a maquetación nin a fotografía dixital, e a rotulación dos títulos dos artigos facíase a man ou con letraset.
Este entusiasta equipo estaba composto por Carmen Soilán, Isabel López Mosquera, Suso Pardo, Victoria Mejía, Concepción Casteleiro e José Manuel Núñez Blázquez, ademais doutros colaboradores ocasionais. Froito dese traballo colectivo naceu o primeiro número, que saíu do prelo en marzo de 1988 coa intención de ser unha publicación trimestral. Nos dous primeiros anos saíron 8 revistas, pero esa periodicidade facíase insostible non só polo tempo que levaba a confección da revista senón tamén polo custo económico, de xeito que a partir do ano 1991 fóronse espaciando máis as publicacións ata despois do ano 1994 en que xa se decidiu facela anual, como ven sendo ata hoxe.
A Asociación encargase da realización, maquetación, estudio de contidos e petición de colaboracións, edición, distribución e difusión da revista, que se envía gratis a bibliotecas, centros galegos, escolas de arte, concellos, agrupacións culturais, sociedades recreativas e culturais, escolas, tendas de publicacións, etc., sendo os destinos fundamentalmente en Galicia, diversos lugares de España, Arxentina, Canada e EE UU.
Edítanse 800 exemplares de cada número acompañados de 800 serigrafías orixinais, numeradas e asinadas unha a unha polo autor, que fai a obra desinteresadamente para cada número, sendo impresas nos talleres de serigrafía da Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón” como colaboración gratuíta coa nosa Asociación.
Desde o primeiro momento a Asociación considerou importante colaborar na normalización do galego, de xeito que a maior parte dos artigos están escritos nese idioma. O seu contido esta orientado a dar testemuña dos acontecementos culturais mais relevantes, tanto dentro do nosa contorna como fora dela, no eido da arte, así como as actividades anuais da asociación. Conta con sección fixas, coma as “Cousas da Casa” para dar conta das actividades desenvolvidas ao longo do ano, a de Fotografía, da que se encarga Eduardo Rodríguez Ochoa, tendo relevancia especial as páxinas dedicadas ao cómic, onde se iniciaron coas súas historietas e debuxos rapaces que hoxe trunfan neste medio de expresión artística. O mesmo se pode dicir dos deseños das portadas e das serigrafías, das que ofrecemos unha selección nesta exposición.
Neste ano 2013, cúmprense 25 anos de vida de ARTESONADO, algo que non é habitual neste tipo de publicacións periódicas, e por iso, pola súa rareza, pareceunos unha ocasión digna de se celebrar, co desexo de continuar, ano tras ano, facendo que a súas páxinas sexan o escaparate onde se poida atopar a obra ou referencia cultural que teña relación co arte e a cultura na cidade de Lugo.
É o momento de agradecer a todos os colaboradores da revista o seu traballo desinteresado e ás institucións patrocinadoras no económico da publicación, como foron a Dirección Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, e a Deputación Provincial, e neste momento a Concellería de Cultura do Concello de Lugo. Tamén a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, grazas á cal e posible ofrecer ao público esta exposición conmemorativa da efeméride.
E rematar con unha mención e admiración especial para ese grupiño de "obreiros" que enxendrou, criou e manten viva a esta fermosa e louzá moza que hoxe cumpre 25 anos e que, con fachenda, faise chamar ARTES/0/NADA.
[Jesús Cao Peón, presidente da Asociación]


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS


-Mércores, 03 de abril, ás 20:000 horas: Inauguración da Exposición conmemorativa do 25 Aniversario da Revista ARTESONADO.
-Mércores, 10 de abril, ás 20:000 horas: Presentación do número 39 da revista ARTESONADO.
-Mércores, 17 de abril, ás 20:30 horas: disertación do historiador e secretario da Asociación, Adolfo de Abel Vilela, sobre "Visión Artística de 25 Anos de ARTESONADO".
-Mércores, 24 de abril, ás 20:30 horas: Concerto de música clásica a cargo de Maria Isabel Senn (violin); Saul Nogareda (violonchelo) e Diego Fernández Vilela (flauta traveseira).
Todas estas actividades terán lugar, na data e hora indicadas, na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (Edificio da Deputación Provincial de Lugo)

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati