EXPOSICIÓN ITINERANTE: Arquivo Walter Ebeling
Desde o día 9 de marzo e ata o 28 de abril de 2013, con horario de visitas limitado aos domingos de 10:30 a 13:30 h., unha parte das fotografías do Arquivo Walter Ebeling vanse expoñer na Casa Escola de Zolle, concello de Guntín (Lugo).
Esta mostra, promovida pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e pola Rede Museística Provincial, en colaboración coas CMVMC (Comunidades de Montes Veciñais en Man Común) pretende achegar a todos os curiosos e interesados na memoria do noso patrimonio etnográfico uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros entre os anos 1928 e 1933.
Comentarios
Publicar un comentario