O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones hoxe sábado no Museo de San Paio de Narla
O Apóstolo (2012), o primeiro filme de animación europeo stop-motion en 3D, guionizado e dirixido por Fernando Cortizo, producido por Artefacto Producciones, visita mañá, sábado, o Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol)
PROXECCIÓN: sábado, 9 de marzo, ás 19:00 horas.
Unha oportunidade de visionar totalmente gratis este excelente filme.
Esta película estivo nominada aos Premios Goya 2013 con opción a Mellor Película de Animación.
Esta película estivo nominada aos Premios Goya 2013 con opción a Mellor Película de Animación.
SinopseUn preso que acaba de fugarse do cárcere intentará recuperar un botín agochado anos atrás nunha solitaria e apartada aldea do Camiño de Santiago; pero o que alí vai atopar suporalle unha condena aínda maior da que fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mismísimo arcipreste de Santiago cruzaranse no seu camiño nunha historia de suspense, humor e fantasía.
Director: Fernando Cortizo
Productores: Artefacto producciones
Guionistas: Fernando Cortizo
Actores: Paul Naschy, Jorge Sanz, Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira 'Pico'
Duración: 80 min.
Comentarios
Publicar un comentario