http://www
.m
FOTOGRAFÍA A CEGAS, obradoiro de fotografía para invidentes
1716_Programa_Fotografía a cegas.pdf
useolugo.org/documentos.asp?mat=22&id=1719
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentan o obradoiro para invidentes Fotografía a cegas que se desenvolve nos catro museos da Rede Museística nos meses de abril e maio de 2012. Trátase dunha experiencia pioneira na que particiapn 7 invidentes, a terapeuta, Mercedes Cabada, os fotógrafos, Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López, e que rematará no mes de xuño coa exposición dos traballos realizados e a elaboración dun documental a cargo de Henrique Lamas.
A entrada é libre e gratuíta. + info sobre o programa e contidos

A fotografía cega
A fotografía é un medio que nos rodea na nosa cotidianeidade, a cámara fotográfica converteuse nun aparello demandado e accesible que nos permite construír imaxes de forma intuitiva polo que non é estraño que unha persoa cega busque achegarse e indague sobre este medio visual.
Ao explicar e mostrar o medio a un cego, é menos sorprendente que queiran facelo, xa que para os cegos o medio non é visual, eles fano a través do tacto, o oído e os procesos cognoscitivos grazas aos que poden comprender e manipular o medio fotográfico, o que fai pensar que non son exclusivos da visión.
A visión é unha construción, a nosa mirada non é instantánea ao momento de nacer. Vemos sen lograr dar coherencia á contorna, polo que o noso cerebro debe dar sentido, por medio da experiencia, do que ve, a vista non domina automaticamente aos demais sentidos, todos traballan en conxunto para asimilar a contorna e aprender a ver.
Non existe un ollo que xulgue o mundo, cada mirada está medida pola experiencia, a cultura e as estruturas cerebrais que a controlan. Ao mesmo tempo, o medio visual imprégnase doutros sentidos e procesos cognoscitivos.
Os museos da Rede Museística tentamos achegar ao imaxinario das persoas invidentes outra maneira de “ver” as obras de arte, unha experiencia pioneira para mellorar a accesibilidade a través da fotografía.
Contidos
-A importancia da fotografía e etapas máis importantes na súa historia.
-Descrición da cámara, dos seus compoñentes e funcionamento dos mesmos.
-Tipos de cámaras. Tipos de obxectivos e a correcta utilización dos mesmos.
-Expoñer correctamente.
-Coñecemento das regras básicas da composición en función do punto de interese.
-Aprender a expresarse mediante imaxes.
-Distintos tipos de luz e como empregala.
-Tipos de accesorios útiles para a toma de fotografías.
-Selección dos temas a fotografar.
-Coñecemento e estudo da obra dalgúns recoñecidos fotógrafos cegos.
>b>OBRADOIROS
Martes, 10 de abril de 2012
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Xornada previa de formación para os fotógrafos que imparten o obradoiro a cargo da terapeuta, especilista en Arte-terapia, Mercedes Cabada.
Sábado, 21 de abril de 2012
Lugar: Estudo de Iago Eireos (de 11 a 14 horas)
Construcción da imaxe por medio da luz, a cargo de Iago Eireos.
Venres, 27 de abril de 2012
Lugar: Museo Etnográfico San Paio de Narla (de 11 a 14 horas) e Museo Provincial de Lugo (de 16 a 18 horas)
Naturezas mortas e composición, a cargo de Germán Limeres.
Introducción aos contidos museísticos e contextualización da obras seleccionadas, a cargo de Encarna Lago.
Venres, 4 de maio de 2012
Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo (de 11 a 14 horas).
A figura na paisaxe, a cargo de Xosé Reigosa.

Sábado, 12 de maio de 2012
Lugar: Museo-Pazo de Tor (de 11 a 14 horas)
Fotografía de sentidos non visuais no entorno natural, a cargo de Antonio López Losada.

DOCUMENTAL
Coas distintas fases e obradoiros do proxecto eleborará un documental Henrique Lamas.
EXPOSICIÓN
Os días 7, 8 e 9 de xuño (coincidindo coa celebración nos museos da Rede Museística das 17ª Xornadas DEAC) expoñeranse os traballos resultantes no Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos).
INVIDENTES INSCRITOS
Trinidad Canosa
Eladio Fernández
Antonio Fernández
Antonio López
Ángeles Miguélez
Manuel Paz Sánchez
Pilar Yáñez
Fotógrafos: Iago Eireos, Xosé Reigosa, Germán Limeres e Antonio López Losada.
Tearapeuta: Mercedes Cabada.
Coordinación do proxecto: Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Enlaces de interese:A fotografía é un medio que nos rodea na nosa cotidianeidade, a cámara fotográfica converteuse nun aparello demandado e accesible que nos permite construír imaxes de forma intuitiva polo que non é estraño que unha persoa cega busque achegarse e indague sobre este medio visual.

Comentarios
Publicar un comentario