Quen lle da a volta á tortilla? Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais
Quen lle da a volta á tortilla?
Homes, mulleres, xénero e roles nas coleccións de tres museos provinciais.
Esta exposición desenvólvese no marco de un proxecto basado en dous eixos principais:
Tres obradoiros teórico-prácticos que cuestionan os discursos lexitimados nas coleccións de arte clásica unha reinterpretación de 9 obras seleccionadas nestes obradoiros por 9 artistas contemporáneos desde una perspectiva de xénero.
Os artistas implicáronse nun proceso de reflexión xunto ao Colectivo Medusa Mediación e os participantes dos obradoiros nas súas localidades, para finalmente crear unha obra cunha visión crítica e persoal.
O resultado é unha exposición tan diversa e heteroxénea como os discursos que coexisten na actualidade sobre o xénero.
Amancio González reinterpreta o mosaico romano de “Hilas e as Ninfas”, nela presenta á muller como un ser manipulador cuxa arma de poder é a seducción, que alenta as paixóns alonxando ao home da razón.
Esta visión contémplase na teoría da represión de Freud onde todos os traumas proveñen dos desexos reprimidos e as relacións que se establecen entre homes e mulleres nunha loita de poder.
A obra de Chelete Monereo, basada en “Céfalo e Procris”, orixinal do século XVII, tece un mapa sobre os protagonistas da escea que nos mostra a complexidade das relacións e todos os elementos que compoñen, afectan, interfiren nestas, plantexando unha cuestión, Canto hai de natural e cuánto de construido nas emocións? Como podemos traballar a xestión das mesmas?
Esther Santás evidencia nunha linguaxe contemporánea unha parte da historia que non aparece na táboa orixinal, aquela na que Santa Catalina convence aos 50 sabios do seu dogma, costándolle múltiples torturas e morrer decapitada. Un relato que nos cuestiona: Desde cando se percibe a intelixencia feminina como unha ameaza?
A obra de Nadir fálanos sobre o camiño cara a igualdade de dereitos e a emancipación da muller. Pone en os lastres que carrexamos debido á tradición xudeo-cristiá. No seu lenzo encontramos a representación dunha maternidade forzosa e un pensamento patriarcal e represivo.
Entre outros numerosos símbolos e alusións, presenta un mundo veloz nos seus avances pero lento aínda na súa transformación do pensamento.
Paula Cabaleiro traballa co “envoltorio”: o espazo, as vestiduras como capa última onde se manifiesta a identidade fronte ao outro. Unha transformación superficial que afecta profundamente ao individuo. Á súa vez traslada as emocións de soedade, esgotamento e frustración dunha muller de clase obreira a unha muller de clase alta, con elo suxírenos que as esixencias sociais poden ser cárceres que van máis aló da posición social. É nos feminismos da primeira vaga donde se establece esta identificación entre mulleres de distinta clase que se unen para loitar pola igualdade dos seus dereitos.
Estas ideas de condicionamento de xénero e clase social deterministas, atópanse tamén na obra de Noa Persán. Na súa reinterpretación do retrato de Dna. Mª de Paz y Taboada de Enrique Navarro, a muller decide liberarse de todo aquelo que coarta a súa liberdade: os prexuízos, a falsa moral, os cánones de beleza herdados de xeración en xeración e cuxas lóxicas continúan a se repetir na actualidade .
Ana Martínez parte das cargas que levan as mulleres do cadro “Un día Más” de Inocencio Medina Vera e revisa os discursos sobre o xénero desde unha perspectiva autobiográfica.
Unha muller portadora de unha arquitectura construida ao longo da Historia. As dicotomías: branco-negro, home-muller, corpo-mente, rosa-azul; o dogma científico: “capacidade reprodutiva”, “patoloxías sexuais”, “condicionamiento xenético”. Cargas mutadas e mutables, espacios para a identidade, construidos ou gañados á historia, Tras acadar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres contémplanse outras necesidades e, paseniño, a arquitectura contempla o imprevisible, acolle o diverso. Esta muller, á súa vez, camiña pola vida e as súas mulleres do pasado, ilumina o camiño para seguir avanzando. Tratar de comprender é o que lle permite analizar.
Iago Eireos traslada ao momento actual a obra “A Escola de Doloriñas” de Julia Minguillón. Na primeira móstrase unha aprendizaxe compartida entre nenos e nenas de distintas idades. Na obra de Iago cuestiónanse as controversias sobre o xénero asignado. Ofrece un lugar ao ambiguo fronte aos determinismos, crea un espazo que modela as actitudes, mostra as dificultades que entraña superalos xuízos, o illamento, e unha construción da identidade que desemboca no desanvolvemento persoal. Unha visión transxénero e un posicionamento crítico sobre a responsabilidade do sistema educativo na construción das sociedades.
Na reinterpretación da “Odalisca” de Gaya por Sergio Sotomayor desfaise da pel da sexualidade. Plantéxanos estas divisións como unha especialización da evolución das especies en contínuo cambio. Máis alá de homes ou mulleres somos unidades compuestas por outras centos de miles, conformando novos conxuntos que se amplifican até infinito. Una cosmovisión que sostén unha idea da vida como un agregado contínuo.
Nove obras, nove voces en discusión para unha reflexión común. A análise das nove obras Clásicas repensadas invítannos a mirar cara dentro e replantexarnos as ideas asumidas sobre a nosa identidade. Somos homes? Somos mulleres? Pódese Ser no Século XXI?
Proxecto en rede do Colectivo Medusa Mediación en colaboración co Museo de León, Museo de Belas Artes de Murcia MuBAM e a Rede Museística Provincial de Lugo subvencionado polo Ministerio de Cultura.

Comentarios
Publicar un comentario