Como complemento da mostra A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 4.0, e dentro dos actos organizados polas Áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, con motivo do Día da Muller Traballadora, mañá venres, día 23 de marzo, ás 19,00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) unha CONFERENCIA de Francisco Rodríguez sobre Rosalía de Castro: a creación da identidade.
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario