Free counter and web stats

martes, 6 de diciembre de 2011

Museos Posibles

E
Querémosvos dar a benvida ao blog do Departamento de Capacidades Diferentes e Acesibilidade. O blog nace coa vocación de ser colaborativo, polo que todo aquel que o desexe pode participar na publicación e elaboración dos seus contidos.
O obxectivo marcado con este proxecto é reunir nesta bitácora novas de interese, ligazóns interesantes, recursos útiles, artigos propios e de colaboradores, guías etc. cas capacidades diferentes coma nexo común.
Pretendemos ter un blog acesible dentro das nosas posibilidades, polo que se vedes algún problema para a consulta do mesmo non dubidedes en poñervos en contacto con nós para solucionalo neste correo: museosposibles@gmail.com.
Desta forma construiremos un espazo na rede acesible entre todos e para todos.