Free counter and web stats

martes, 6 de diciembre de 2011

ASOREY NO NOSO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

E
Logo das exposicións dedicadas a Francisco Asorey no Pazo de Torrado, en Cambados, e na Fundación Torrente Ballester, en Santiago de Compostela, co gallo dos 50 anos do seu pasamento, e acompañando o regreso ao MPLugo da “Ofrenda e San Ramón” e de “San Francisco”, gozamos do privilexio de comunicar aos lucenses, e aos que nos visiten nestas datas, que teñen unha oportunidade única de contemplar por uns días dúas obras máis emblemáticas do grandísimo escultor galego: “Nai de dor” e “O Tesouro”. Poucas ocasións coma esta para gozar de tan extraordinarias pezas pertencentes a coleccionistas privados