DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011
Rede
Museística da Deputación de Lugo
Museos sen límites,
museos posibles
A áreas
de Cultura, Turismo e Benestar Social da Deputación de Lugo a través dos catro
museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo, e mais
concretamente, do Departamento de Accesibilidade e Capacidades Diferentes,
conmemoran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade
2011 cunha serie de actos e actividades cos que se pretende concienciar e fomentar na
sociedade a integración das persoas que
por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. Para que non
haxa límites para ninguén, para que todo sexa posible para todos e todas.
PROGRAMA
Luns, 28 de novembro de
2011, ás 12:00 horas
-Presentación
do programa de actividades para conmemorar o Día Mundial da Discapacidade 2011
nos museos da Rede Museística da Deputación.
-Presentación
de “Museos posibles” (http://museosposibles.wordpress.com), un blog colaborativo
sobre accesibilidade e capacidades diferentes.
Nesta
pesentación participarán un grupo de persoas con discapacidade, voluntarios colaboradores
coa Rede Museística.
Sábado, 3 de decembro: Día
Mundial da Discapacidade 2011
Oídos que ven: Visitas
guiadas telefónicas desde os catro museos da Rede para todos os usuarios con
discapacidade que non poidan acudir. É imprescindible a concertación previa.
Proxección sobre a
discapacidade
IV Festival Internacional de cine sobre a discapacidade, Fundación Anade.
Sabado 10 ás 19:00, dobre sesión. Proxección da película Flores de Papel, dirixida por Luis Vil, e a curtametraxe Som Taujá, dirixida por Borja Zausen
Domingo 11 ás 19:00, dobre sesión. Proxección da película 7 Dias e a curtametraxe Pianola, dirixido por Rosa Izquierdo e Guillermo Roqués.
Obradoiros
1.-
Arte
e parte: O desafío de voar coas propias ás: Obradoiro de sensibilización para todo
tipo de públicos.
Imparten
a psicóloga e especialista en Arte-Terapia Adriana
Pazos Ottón, directora de Aulaideas,
e Encarna Lago, xerente da Rede
Museística.
Calendario
Día 6 de decembro, no Museo Provincial do Mar, San
Cibrao, Cervo.
Día 8 de decembro, no Museo San Paio de Narla, Friol.
Día 9 de decembro, no Museo
Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Día 17 de decembro, no Museo Provincial de Lugo.
2.- Obradoiro
de Fotografía para cegos, percorrendo os catro museos da Rede.
Imparten
Encarna Lago, xerente da Rede
Museística, unha terapeuta e varios fotógrafos lucenses.
O
3 de xaneiro de 2011 ábrese o prazo para inscribirse neste obradoiro. As datas
de realización fixáranse en función do número de demandantes.
Teatro
inclusivo
Representacións
da obra “O médico a paos” polo grupo de teatro Pinchacarneiro nos catro museos co seguinte calendario:
Día 12 de xaneiro, no Museo Provincial do
Mar, San Cibrao, Cervo.
Día 13 de xaneiro, no Museo San Paio de
Narla, Friol.
Día 18 de xaneiro,
no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Día 19 de xaneiro, no Museo Provincial de Lugo.
Exposicións
VI Premio Internacional Fotográfico sobre Discapacidade: Fundación ANADE. Refectorio do Museo Provincial de Lugo (do 5 ao 20 de decembro)
Inauguración
e entrega de premios: luns, 5 de decembro, ás 11:00
horas.
De Marbella a Torremolinos. Imaxes de manicomio. Fotografías de José Reigosa (do 28 de decembro de 2011 ao 29
de febreiro de 2012). Sala de exposicións Pazo de San Marcos (sede da
Deputación). Inauguración: 28 de decembro, ás 20:00 horas.
__________ _________
Máis información e contactos cos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo:
Museo Provincial de Lugo
Tfno..: 982 24 21 12 / info@museolugo.org
Museo Etnográfico de San Paio de Narla
Tfno..: 982 37 51 56 / sanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Provincial do Mar
Tfno..: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org
Museo Pazo de Tor
Tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org
Comentarios
Publicar un comentario