DEPUTACIÓN DE LUGO
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA
Área de Cultura e Turismo
San Marcos, 8 - 27001 LUGO Telf: 982 26 00 00 /Fax: 982 26 01 65
Comunicación e Xestión Cultural/ Rede Museística Provincial
Praza da Soidade, s/n. - 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12/ Fax: 982 24 02 40 info@museolugo.org /www.museolugo.org
NOTA DE PRENSA
DÍA INTERNACIONAL DO ALZHEIMER 2011 no MPLUgo
Mércores, 21 de setembro de 2011
A Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, Áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social, a través das museos integrados na Rede Museística e en colaboración con AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas), súmanse aos actos conmemorativos do Día Internacional do Alzheimer 2011 cunha programación específica coa que se pretende a sensibilización social arredor desta doenza que ten na memoria, no deterioro da memoria e das función cognitiva, condutora e motora as principais consecuencias. Os museos son, precisamente, espazos de acordanza, lugares onde se custodia a memoria do noso pasado, institucións onde se pode estimular, e de feito así é, a recuperación dunha facultade tan fundamental para a nosa vida como é traer ao presente os obxectos dun tempo xa vivido.
PROGRAMA
17:30 h.: Presentación dos programas (Nobelo da memoria, Tirando do fío,Álbum da memoria compartida e Memoria do pan) que con enfermos de Alzheimer se viñeron desenvolvendo nos museos da Rede Museística, porEncarna Lago , xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.
18:00 h.: Mesa redonda: Alzheimer, a enfermidade do Esquecemento &Museos, centros de Memoria.
Participan: María del Carmen Pena Ledo (presidenta de AFALU), Elisa Fernández (psicóloga de AFALU) e Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo.
18:30 h.: Proxección a cargo de AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas) da película: Bicicleta, Cuchara, Manzana, dirixida por Carles Bosch.
Mesa informativa: AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas) atenderá unha mesa informativa nas dependencias do MPLugo durante a tarde para atender as consultas de todas as persos que o soliciten.
Retrasmisión da xornada en directo: Estes actos serán retransmitidos por Streaming; poderán ser visionados en tempo real tanto nos outros museos da Rede como a través de internet
Máis información:
Museo Provincial de Lugo
xerencia-redemuseos@ deputacionlugo.org/ tfno: 620 280 203 / 982 24 21 12
Comentarios
Publicar un comentario