A evolución das novas tecnoloxías puxo ao noso alcance ferramentas que fan posibles soños. Estas ferramentas posibilitan unha retroalimentación informativa sen precedentes. O modelo de xestión da información e acceso a contidos está agora dirixido por nós mesmos mediante Blogs, canles de TV y Radio en streaming, subscripcións RSS etc. Isto, xunguido á inmediatez e facilidade de difusión das redes sociais, conforma un escenario no que museos e demáis institucións culturais públicas, debemos saber tirar proveito de todas estas ferramentas para poder cumplir o noso fin como espazo público. Achegarse ao usuario non é suficiente, agora queremos que participes dun espazo que é teu e que está a túa disposición.
"Enredate con Nós" e o lema da proposta deste programa de actividades, que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer..., pór en rede a todos e todas. Propoñemos e tamén agardamos propostas; queremos suxestións, ideas ou proxectos. Trátase de democratizar o acceso á cultura, facer real o dominio público, das infraestructuras e equipamentos culturais: quen teña un proxecto veña e poda levalo a cabo nun espazo que é noso, de todos, teu.
Comentarios
Publicar un comentario