Dentro dos actos conmemorativos do 80 aniversario da declaración de convento de San Francisco de Lugo como Ben de Interese Cultural, o vindeiro luns, 2 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar no refectorio do Museo Provincial de Lugo a inauguración dunha mostra bibliográfica, fotográfica e documental sobre este cenobio (hoxe sede do Museo Provincial) baixo o título DOCUMENTOS CON MEMORIA, acto que contará coa presenza de Mercedes Salvador Castañer, comisaria desta exposición e bibliotecaria do MPL.
Integran esta mostra os planos dos diversos proxectos realizados polos arquitectos Miguel Durán-Loriga, Manuel Gómez Román e Araceli Novo Celeiro, así como debuxos, documentos, fotos e un vídeo-montaxe cunha selección bibliográfica e imaxes de grande interese.
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario