Free counter and web stats

viernes, 4 de marzo de 2011

Museos da rede da Deputación acollen as “II Xornadas Muller e Igualdade coordinadas por Encarna Lago

E

Museos da rede da Deputación acollen as “II Xornadas Muller e Igualdade”

04-03-11
Nota de prensa
Foto de Carlos Luis Valcarce
A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR: PERSPECTIVAS DE XERO SOBRE PATRIMONIO CULTURAL E MUSEOS: visitas guíadas especificas, conferencias, exposicións, xuntanzas, manifestos… un mes cheo de actividade nos Museo do Mar, Museo Pazo de Tor e Museo San Paio de Narla.(tres dos Museos da Rede Museística)
O oito de marzo serviu para visibilizar as loitas e demandas que significaron avances na vida de millóns de mulleres creando novas formas de pensamento. Dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, decidimos organizar unha programación con distintas experiencias, compartindo sempre un obxectivo en común: o desexo de superar a violencia e a pobreza para construír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade. Por segundo ano consecutivo tres dos Museos da Rede Museística ( Museo San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar) seguindo a programación estratéxica presentada pola Xerencia en xullo do 2007 na Deputación Provincial de Lugo e o sinalado na Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes; que establece no seu artigo 26.2 que os distintos organismos, entes e demais estruturas das administracións públicas que, de modo directo ou indirecto, configuran o sistema de xestión cultural, desenvolverán as seguintes actuacións:
1.- Adoptar iniciativas destinadas a favorecer a promoción específica das mulleres na cultura e combater a súa discriminación estrutural e/ou difusa.
2.- Políticas activas de axuda á creación e produción artística e intelectual de autoría feminina.
PROGRAMA ACTOS MENSUAL
COORDINACIÓN: ENCARNA LAGO (XERENTE REDE MUSEÍSTICA)
ITINERARIO FEMININO POLA REDE MUSEÍSTICA: PEZAS E LENDAS DE MULLERES.
Visitas guiadas nun percorrido en feminino polas coleccións dos museos de San Paio,Museo Pazo de Tor e Museo do Mar os días 5, 8, 12, 19, 26 de marzo ás doce da mañá.
II XORNADAS MUjER E IGUALDADE: PERSPECTIVAS DE XÉNERO SOBRE PATRIMONIO CULTURAL E MUSEO: días 8,12,19,26
DIA 8 ás 5 dá tarde no Museo de San Paio de Narla: MULLER E DEREITOS
* O traballo co enfoque de xénero de Implicadas. Xénero e cooperación.
* Presentación da Campaña de 1 de 200, de erradicación do infanticidio feminino en Salem (unha manifestación da violencia de xénero).
* . Muller e inmigración, emigración.
* . Mostra da obra de Carlos Valcárcel: “MULLERES”
(a presentación da campaña será con videos e reflexións guiadas)
DIA 12 ás 5 da tarde no Museo de San Paio de Narla:
ENFOQUES DA MULLER NO PATRIMONIO CULTURAL E UN MUSEO ETNOGRÁFICO: Museo, Muller e Agricultura.
Reunión de mulleres en torno á colección etnográfica para falar da memoria da muller no mundo rural.
DIA 19 ás 5 da tarde non Pazo de Tor: MULLER NA HISTORIA, HISTORIA DE MULLERES: PRESENZA VS. AUSENCIA.
* Conferencia e taller sobre creatividade feminina en Tor.
* Encontro Mulleres Artistas galegas.
* Redacción Manifesto Mulleres Artistas Galegas
* Inauguración da mostra: ” Os meus ollos, ás túas mans” en Tor:
Conformada por un conxunto de ilustracións coa temática do xénero e a pobreza. Ensina a visión (ollos) sobre a cooperación das voluntarias de IMPLICADAS, plasmada polas mans de varias ilustradoras.
DIA 26 ás 5 da tarde no Museo do Mar de San Cibrao ENFOQUES DA MULLER NO PATRIMONIO CULTURAL E NUN MUSEO DO MAR:
(Reunión de mulleres para falar da memoria da muller no mundo do mar)
* Mostra da obra de Carlos Valcárcel “Mulleres” referente á muller e o seu ámbito.
Os participantes en todas as xornadas recibirán un certificado de asistencia de 12 horas.
Ademais, seguindo o programa didáctico para escolares sobre igualdade, faremos entrega de material a todos os grupos que nos visiten, e proxectaremos un video antes de todas as actividades escolares.
Bitacoras Facebook Twitter Tuenti Meneame Chuza del.icio.us Digg Google Yahoo Buzz StumbleUpon