Ir al contenido principal

INTENSO PROGRAME EN TRES DOS MUSEOS DA REDE MUSEISTICA DE LUGO PARA TRABALLAR SOBRE MULLER E IGUALDADE

A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR: PERSPECTIVAS DE XENERO SOBRE PATRIMONIO CULTURAL E MUSEOS: visitas guíadas especificas, conferencias, exposicións, xuntanzas, manifestos... un mes cheo de actividade nos Museo do Mar, Museo Pazo de Tor e Museo San Paio de Narla.(tres dos Museos da Rede Museística)


O oito de marzo serviu para visibilizar as loitas e demandas que significaron avances na vida de millóns de mulleres creando novas formas de pensamento. Dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, decidimos organizar unha programación con distintas experiencias, compartindo sempre un obxectivo en común: o desexo de superar a violencia e a pobreza para construír o mundo que queremos baseado na paz, a xustiza, a liberdade, a igualdade e a solidariedade. Por segundo ano consecutivo tres dos Museos da Rede Museística ( Museo San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar) seguindo a programación estratéxica presentada pola Xerencia en xullo do 2007 na Deputación Provincial de Lugo e o sinalado na Lei Orgánica 3/2007 do 22 de marzo para a igualdade efectiva de mulleres e homes; que establece no seu artigo 26.2 que os distintos organismos, entes e demais estruturas das administracións públicas que, de modo directo ou indirecto, configuran o sistema de xestión cultural, desenvolverán as seguintes actuacións:


1.- Adoptar iniciativas destinadas a favorecer a promoción específica das mulleres na cultura e combater a súa discriminación estrutural e/ou difusa.
2.- Políticas activas de axuda á creación e produción artística e intelectual de autoría feminina.




                         PROGRAMA ACTOS MENSUAL

COORDINACIÓN: ENCARNA LAGO (XERENTE REDE MUSEÍSTICA)



ITINERARIO FEMININO POLA REDE MUSEÍSTICA: PEZAS E LENDAS DE MULLERES.

Visitas guiadas nun percorrido en feminino polas coleccións dos museos de San Paio,Museo Pazo de Tor e Museo do Mar os días 5, 8, 12, 19, 26 de marzo ás doce da mañá.



II XORNADAS MUjER E IGUALDADE: PERSPECTIVAS DE XÉNERO SOBRE PATRIMONIO CULTURAL E MUSEO: días 8,12,19,26


DIA 8 ás 5 dá tarde no Museo de San Paio de Narla: MULLER E DEREITOS
  • O traballo co enfoque de xénero de Implicadas. Xénero e cooperación.
  • Presentación da Campaña de 1 de 200, de erradicación do infanticidio feminino en Salem (unha manifestación da violencia de xénero).
  • . Muller e inmigración, emigración.
  • . Mostra da obra de Carlos Valcárcel: "MULLERES"
    (a presentación da campaña será con videos e reflexións guiadas)


DIA 12 ás 5 da tarde no Museo de San Paio de Narla:
ENFOQUES DA MULLER NO PATRIMONIO CULTURAL E UN MUSEO ETNOGRÁFICO: Museo, Muller e Agricultura.
Reunión de mulleres en torno á colección etnográfica para falar da memoria da muller no mundo rural.


DIA 19 ás 5 da tarde non Pazo de Tor: MULLER NA HISTORIA, HISTORIA DE MULLERES: PRESENZA VS. AUSENCIA.
  • Conferencia e taller sobre creatividade feminina en Tor.
  • Encontro Mulleres Artistas galegas.
  • Redacción Manifesto Mulleres Artistas Galegas
  • Inauguración da mostra: " Os meus ollos, ás túas mans" en Tor:

Conformada por un conxunto de ilustracións coa temática do xénero e a pobreza. Ensina a visión (ollos) sobre a cooperación das voluntarias de IMPLICADAS, plasmada polas mans de varias ilustradoras.

-Inauguración da exposición Mulleres de Carlos Valcarce

DIA 26 ás 5 da tarde no Museo do Mar de San Cibrao ENFOQUES DA MULLER NO PATRIMONIO CULTURAL E NUN MUSEO DO MAR:
(Reunión de mulleres para falar da memoria da muller no mundo do mar)
  • Mostra da obra de Carlos Valcárcel "Mulleres" referente á muller e o seu ámbito.


Os participantes en todas as xornadas recibirán un certificado de asistencia de 12 horas.

Ademais, seguindo o programa didáctico para escolares sobre igualdade, faremos entrega de material a todos os grupos que nos visiten, e proxectaremos un video antes de todas as actividades escolares.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati